A socialista Inés Rey ve "responsable" o apoio da Marea Atlántica e promete un mandato de "consenso"

A candidata do PSOE á Alcaldía da Coruña será investida na sesión que se celebrará o 15 de xuño.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 07/06/2019 | Actualizada ás 16:54

Comparte esta noticia

A candidata socialista á Alcaldía da Coruña, Inés Rey, cualificou de "responsable" a decisión de Marea Atlántica de facilitar a súa investidura na sesión que se celebrará o 15 de xuño para a constitución da nova corporación municipal.

Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña
Inés Rey nun acto do PSOE da Coruña | Fonte: cadenaser.com

Rey afirma que a postura da Marea Atlántica corrobora "o votado polos coruñeses e coruñesas que maioritariamente apostaron por un executivo de progreso".

"Agradezo o apoio que recibirá o PSOE para encabezar o próximo goberno de María Pita", engade. Por outra banda, subliña que, desde o pasado día 27, iniciaron "conversas" co resto de grupos electos para explicar a súa "idea de futuro para a cidade, de goberno e de proxecto".

"Agora tócanos materializar un goberno que dea a maior estabilidade á cidade co obxectivo de desbloquear os proxectos importantes, xestionar coa maior eficacia os recursos públicos e mellorar os servizos que prestaremos aos cidadáns".

Rey insiste tamén en que non fará unha política de "terra queimada". "Os proxectos que funcionan e que son bos para os coruñeses e coruñesas manteranse e os proxectados que melloren a nosa cidade non se van a paralizar".

Mentres, afirma que aínda é pronto "para falar da estrutura e participación dun goberno posto que o primeiro é dialogar e alcanzar consensos en beneficio da cidade co resto de forzas".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta