Volve editarse "Estirpe" de Ferrín 25 anos despois

O acto de presentación celebrarase no Auditorio da Xunqueira de Redondela o vindeiro xoves 13.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/06/2019 | Actualizada ás 20:35

Comparte esta noticia

O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, reedita nos seus 25 anos o libro “Estirpe”, de Xosé Luís Méndez Ferrín. Con esta inicitiva, a Administración local quere render homenaxe a un dos libros máis relevantes da literatura contemporánea e, a través deste, facer unha homenaxe ao seu escritor.

O acto celebrarase no Auditorio da Xunqueira o vindeiro xoves 13 de xuño ás 19:30. María do Ceo porá a música, haberá un breve recital poético de “Estirpe”, e tomarán a palabra o director de Edicións Xerais, o presidente do Parlamento de Galicia, o Alcalde de Redondela e pechará o propio autor, Méndez Ferrín.

Méndez Ferrín, Premio Laxeiro 2018
Méndez Ferrín, Premio Laxeiro 2018

Por todo isto, cada persoa que asista ao acto volverá á casa cun exemplar gratuíto deste poemario. "É importante que nas casas haxa libros, nun tempo de tanta lectura virtual en aplicacións móbiles e informáticas. Achegar “Estirpe” é unha forma de difundir e poñer en valor unha relevante obra poética", comentan dende o Servizo de Normalización de Redondela.

“Estirpe” é un canto á conformación histórica do pobo galego onde a natureza, os personaxes históricos e a tradición popular se unen grazas ao poderoso verso de Ferrín. Un libro que amosa claramente o por que é Xosé Luís Méndez Ferrín un dos autores imprescindibles da historia da literatura galega.

Presentación Estirpe de Méndez Ferrín
Presentación Estirpe de Méndez Ferrín | Fonte: Concello de Redondela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta