A Xunta estuda levar fóra da ría os lodos do dragado no río Lérez

A Consellería do Mar decidiu cambiar o punto de vertedura dos residuos do Lérez tras comprobar que este asunto era o principal problema que bloqueaba o proxecto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/06/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Consellería do Mar quixo lanzar unha "mensaxe tranquilizadora" ao sector pesqueiro e marisqueiro sobre o dragado do Lérez. Asegura que se estuda a posibilidade de levar os lodos fóra da ría de Pontevedra, aínda que afirma que non esta decidido o punto de depósito dos lodos.

Diso informou a Consellería nun comunicado, tras as protestas de produtores da zona ante o risco que pode supor que acaben na contorna da illa de Sálvora. Así, a Xunta sostén que mantén o seu compromiso de avanzar a través das xestións necesarias co fin de atopar a "mellor solución posible" sen prexudicar a ningún produtor da zona.

A Consellería do Mar decidiu cambiar o punto de vertedura dos residuos do Lérez tras comprobar que este asunto era o principal problema que bloqueaba o proxecto. Ante esta situación, "está a verificarse a posibilidade de verter en puntos situados fóra da ría e xa autorizados en ocasións anteriores co obxectivo de axilizar a tramitación".

Por iso, o Executivo galego pediu a máxima responsabilidade a todas as partes implicadas para que non se alarme de forma "inxustificada" sobre a actuación. Trátase dun proxecto nunha fase preliminar, sen ningunha decisión firme e á espera dos informes encargados para o seu deseño.

O obxectivo destes traballos é "contar con todas as garantías de que as actuacións que finalmente se realicen son as máis idóneas para todas as partes", segundo informou a Xunta a través dun comunicado.

Así, este departamento ten contratado os estudos necesarios para analizar esa viabilidade dos puntos de vertedura. A decisión aínda non está tomada xa que non se pode avanzar no proxecto sen avais. Por iso, trátase dun "erro inxustificado" falar dun punto de vertedura definitiva.

APELA Ao "DIÁLOGO"

A Consellería inciden en que o obxectivo é conseguir "unha solución satisfactoria para todas as partes a través do diálogo e consenso como vías prioritarias para levar a cabo o proxecto".

O Executivo galego defende o seu compromiso con esta actuación en quefigura dentro dos orzamentos de Portos de Galicia, ente dependente da Consellería do Mar.

Ría de Pontevedra e Ence. EUROPA PRESS - Arquivo
Ría de Pontevedra e Ence. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta