Temas: ALLARIZ AGRO

Explotacións ecolóxicas con compost de Allariz

A área de medio ambiente do Concello de Allariz, a través do programa RE, vén de repartir 5.000 litros de compost ao proxecto agroecolóxico Fóra de Linde.

Por X.M. Fernández | Allariz | 12/06/2019 | Actualizada ás 08:30

Comparte esta noticia

O proxecto Fóra de Linde é unha iniciativa baseada nos principios da soberanía alimentaria e da agroecoloxía, con explotacións dedicadas á horta en Allariz. Recibiu, para a produción de hortalizas, 5.000 litros de compost maduro e óptimo en canto ás súas cualidades e o único autorizado para o seu uso en produción ecolóxica.

Horta ecolóxica. Foto: Prensa Allariz
Horta ecolóxica. Foto: Prensa Allariz

A concellería de medio ambiente colabora deste xeito con produtores de horta ecolóxica e o programa RE, aportando compostaxe procedente dos grandes produtores. Bernardo Varela, concelleiro responsable, agradece aos veciños/as e á hostalería de Allariz o seu esforzo na separación de lixo.

O Concello de Allariz, a través da área de medio ambiente, ponse tamén a disposición de veciños e veciñas por se houbera necesidade de cantidades maiores de compost dos que se dispón nas illas de compostaxe a través do correo tecnicomedioambiente@allariz.com

O programa RE

O Programa RE é un programa de compostaxe comunitaria de materia orgánica que pretende reducir a cantidade de residuos entregados a SOGAMA  e cumplir, así, os obxectivos europeos do Horizonte 2020, de redución, reutilización e recuperación dos residuos xerados pola poboación. 

Temas: ALLARIZ AGRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta