Galicia promove unha ampla axenda cultural e turística en Roma con motivo do Xacobeo 21

As novas accións buscan afianzar o eixo Santiago-Roma-Xerusalén como cidades santas e Patrimonio da Unesco.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/06/2019 | Actualizada ás 17:26

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, mantivo este martes varias reunións en Italia co obxectivo de planificar accións conxuntas nos ámbitos cultural e artístico de cara ao Xacobeo 21.

Así, reuniuse co embaixador de España, Alfonso Dastis e co director do Instituto Cervantes, Juan Carlos Reche, dentro dos contactos para sentar as bases que permitan que Galicia impulse unha ampla axenda en Roma dentro da programación do Ano Santo.

Con esta nova vía de colaboración fortaleceranse as relacións no Camiño de Santiago e no turismo cultural e relixioso, favorecerase o intercambio artístico entre ambos os territorios e difundirase a cultura galega nun dos principais destinos europeos.

A axenda institucional mantida por Román Rodríguez na capital italiana incluíu un encontro co responsable de Turespaña neste país, Jorge Rubio, co que profundou na posibilidade de abordar iniciativas conxuntas no sector turístico. Estas novas accións buscan afianzar o eixo Santiago-Roma-Xerusalén como cidades santas e Patrimonio da Unesco.

Segundo a Organización Mundial do Turismo, o turismo relixioso move máis de 300 millóns de persoas cada ano no mundo. A capital galega, como meta da Ruta Xacobea, recibe cada ano a máis de 300.000 peregrinos, aos que se engaden multitude de visitantes.

A Catedral de Santiago de Compostela perante os ollos dun visitante. CEDIDA - Arquivo
A Catedral de Santiago de Compostela perante os ollos dun visitante. CEDIDA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta