A dirección do PPdeG, a favor dun pacto con Democracia Ourensana

Alfonso Rueda di que todo é factible sempre e cando o PP siga gobernando a Deputación de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/06/2019 | Actualizada ás 14:24

Comparte esta noticia

O dirixente do PPdeG e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende a "lexitimidade" do Partido Popular de Ourense para buscar pactos con formacións como Democracia Ourensana (DO) para conseguir o goberno da Deputación mentres "o obxectivo se cumpra".

"O feito de cumprilo (o obxectivo de gobernar a Deputación) queda ao criterio da organización rexional, cada organización de cada territorio ten capacidade para explorar as posibilidades, polo que pouco máis teño que dicir", defendeu, a preguntas da prensa este mércores sobre un posible pacto dos populares ourensáns co partido de Gonzalo Pérez Jácome.

"Desde logo, creo que o PP na Deputación de Ourense foi o partido con máis apoios ao quedar a un deputado da maioría absoluta, polo que ten todo o dereito e a lexitimidade para reclamar poder gobernar", proseguiu na súa argumentación Rueda nun acto en Santiago de Compostela.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece en rolda de prensa tras. XUNTA - Arquivo
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, comparece en rolda de prensa tras. XUNTA - Arquivo

Con todo, este mesmo martes, Gonzalo Jácome, líder de DO anunciou que o seu partido se votará a si mesmo se non hai acordos con PP e PSOE.

SELECTIVIDADE

Noutra orde de cousas, o vicepresidente da Xunta defendeu que exista "una certa uniformidade" entre comunidades nas diferentes probas de selectividade, do mesmo xeito que defende o Goberno galego, co seu presidente, Alberto Núñez Feijóo, á cabeza.

De tal forma, móstrase a favor de "calquera medida que sirva para mellorar". "Tendo en conta que cada comunidade autónoma ten as súas competencias e as súas capacidades, é desexable unha certa uniformidade", explicou ao ser preguntado pola súa opinión sobre a posibilidade de que se implante un único exame en toda España.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta