Aberto o prazo para solicitar as bolsas de formación práctica no Parlamento de Galicia

A convocatoria está dirixida a persoas con titulacións universitarias obtidas no ano académico 2013/2014 ou posteriores e cada bolsa terá unha duración de doce meses.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns a convocatoria pola cal se abre o prazo para solicitar as bolsas de formación práctica no Parlamento de Galicia. As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude a partir deste martes e durante un prazo de quince días.

Así, segundo explicou o Parlamento nun comunicado, convocáronse dúas bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación, unha en comunicación institucional, dúas en publicacións, unha en recursos humanos e contratación e outra en xestión parlamentaria.

Tamén se convocou unha praza de formación adicional nunha destas modalidades reservada para persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%, "co fin de contribuír á súa integración laboral".

Cada unha destas bolsas terá unha duración de doce meses. A convocatoria está dirixida a persoas con titulacións universitarias obtidas no ano académico 2013/2014 ou posteriores.

Escolares galegos piden 'respecto' para as persoas diferentes e eliminar as distincións de sexo en xogos e cores. XUNTA DE GALICIA
Escolares galegos piden 'respecto' para as persoas diferentes e eliminar as distincións de sexo en xogos e cores. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta