A xornalista Inma López Silva gaña o XVI Premio Fernández del Riego

Afundación presenta ademais os tres finallistas do Premio de Xornalismo Julio Camba: Marta García Aller, Manuel de Lorenzo e Cristina Sánchez-Andrade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

A xornalista Inma López Silva foi galardoada na XVI edición do Premio Fernández del Riego, polo seu artigo 'Terra rota' publicado no diario La Voz de Galicia o pasado 10 de abril de 2018.

Inma López Silva
Inma López Silva | Fonte: Europa Press

Escritora e crítica teatral, López Silva licenciouse e doutorouse en Filoloxía pola USC, ademais de ser Diplomada en Estudos Teatrais pola Universidade da Sorbona. Actualmente combina a actividade literaria, autora dunha ducia de libros e destacada escritora de ficción, coa docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde ensina Teorías do Teatro e desde onde desenvolve unha intensa actividade crítica que se materializa nas súas publicacións en Tempos Novos, Revista Galega de Teatro, ADE ou Graal.

Tras reunirse este luns na Sede Afundación en Pontevedra, o xurado tamén anunciou os tres finalistas que optan ao XL Premio de Xornalismo Julio Camba: Marta García Aller polo texto 'Cuéntalo' publicado en El Independente; Manuel de Lorenzo por 'De repente, un runner' aparecido en El Progreso; e Cristina Sánchez-Andrade por 'En manos de Dios' publicado en La Voz de Galicia.

O gañador ou gañadora coñecerase o próximo outono. O premio Julio Camba, ao que se presentaron nesta ocasión 114 traballos, cumpre a súa cuadraxésima edición, motivo polo que este ano se decidiu este novo formato.

A organización quixo destacar o "aumento significativo" do número de autoras nesta edición, cun 33 % de presenza feminina no Premio Camba fronte ao 22 % do ano pasado, e un 60 % no Premio Fernández del Riego ante o 24 % da edición anterior.

Cada un dos premios, para textos publicados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018, está dotado con 6.000 euros. O presidente do xurado Alfredo Conde destacou a calidade dos artigos, moitos deles procedentes de América, e animou aos xornalistas que escriben en galego a presentarse ao Premio Fernández del Riego, "que conta xa cunha tradición importante entre os galardóns ao xornalismo literario".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta