Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/06/2019 | Actualizada ás 14:29
O programa 'Verán no Gaiás' ofrecerá este ano case 100 actividades relacionadas coa música, arte, talleres de artesanía, astronomía e acampadas para todos os públicos co obxectivo de que "calquera galego atope algo na programación da Cidade da Cultura que sexa un motivo para visitala".
A celebración deste acontecemento ten como novidade a celebración de dous campamentos urbanos para os máis novos ao redor das exposicións actuais do Museo Gaiás ('Valor e mestría' e 'Pensar coas mans'). Á súa vez, forma parte da programación do Xacobeo 2021 e moitas actividades estarán enfocados a este.
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, presentou este martes a programación deste evento na Cidade da Cultura, onde destacou o "crecemento dun 40%" con respecto ao número de actividades do ano pasado. Ademais, debido a este aumento prevese superar os 50.000 participantes da edición anterior.
O evento comezará co concerto de "Os Resentidos" este venres 21 de xuño, para celebrar o Día da Música. A banda galega dará un espectáculo gratuíto ás 21,00 horas na Praza Central do Gaiás, onde soarán cancións como 'Fai un sol de carallo'.
Os días 28, 29 e 30 de xuño haberá actuacións duns 500 instrumentistas procedentes de bandas de música de toda Galicia, que se darán cita na segunda edición do 'Serán'02' no que se reuniron unhas 7.000 persoas o ano pasado.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.