Brutalidade policial en Valencia

GC recompila os vídeos gravados este luns por cidadáns e medios de comunicación que demostran as agresións brutais dos antidisturbios contra os manifestantes que reclaman un sistema educativo digno na Comunitat Valenciana. Cando menos dous xornalistas tamén foron agredidos pola policía.

Por Galicia Confidencial | Valencia | 21/02/2012 | Actualizada ás 00:39

Comparte esta noticia

Valencia viviu este luns unha xornada de violencia policial nas rúas. Os axentes antidisturbios actuaron con contundencia contra os estudantes e cidadáns que se están a manifestar contra os recortes en educación na Comunitat Valenciana. O xefe superior da Policía en Valencia, Antonio Moreno, cualificou a actuación policial de "proporcionada", pero as imaxes gravadas polos cidadáns e distintos medios contradín a súa versión. Ademais, cando menos un fotógrafo de La Vanguardia e unha xornalista de RTVE tamén foron agredidos nas cargas policiais. 

None

GC recompila unha serie de vídeos gravados por cidadáns e medios que demostran as actuacións desproporcionadas dos antidisturbios. Tamén incluímos o audio no que unha xornalista de RTVE relata como foi golpeada pola policía.

 

Audio da xornalista de RTVE agredida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

2 Arenga

Que agardades, já governam com maioria absoluta os seguidores do dirigente fascista de "la calle es mia"

1 antiburras

http://www.facebook.com/events/1131... Mañá concentracións en todo o Estado.