Xa hai datas do calendario escolar 2019-2020

O curso arrincará en Galicia o próximo 11 de setembro para infantil e primaria e o 17 para secundaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/06/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

Así se desprende do calendario escolar publicado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na súa páxina web. Para as etapas de secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional, o curso iniciarase o 16 de setembro e concluirá o 19 de xuño.

Os períodos de vacacións serán o de nadal (desde o 21 de decembro e o 7 de xaneiro), entroidos (os días 24, 25 e 26 de febreiro) e semana santa (desde o 4 ata o 13 de abril). Así mesmo, o Día do Ensino será non lectivo, e se celebrará o 31 de outubro.

Precisamente, colectivos de ANPAs trasladaran o seu malestar polo atraso na publicación do calendario para o próximo curso, que aínda non apareceu no Diario Oficial de Galicia. Educación avanzou que a orde sairá, previsiblemente, o próximo día 28.

Nenos nunha escola / EUROPA PRESS/JCCM - Arquivo
Nenos nunha escola / EUROPA PRESS/JCCM - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta