As posturas enfrontadas de Máis Galiza

Fráxil acordo no Consello Político para manter a unidade ata a asemblea do vindeiro 11 de marzo. O sector crítico aposta por marchar, mentres que o sector oficial é partidario de esgotar todas as vías antes de tomar esa división. Tensas intervencións a favor ou en contra de abandonar o BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2012 | Actualizada ás 01:08

Comparte esta noticia

“O Consello Político Nacional faculta á Permanente de Máis Galiza a seguir traballando pola unidade do nacionalismo e someterá á Asemblea Nacional a celebrar o 11 de marzo a constitución de Máis Galiza como partido político e que a propia asemblea determine a conveniencia e compatibilidade dos textos que se aproben coa súa permanencia ou non no BNG”. Este foi o único e escueto comunicado oficial que se remitiu aos medios tras un encontro que durou máis de catro horas e no que houbo intervencións moi subidas de tono.

None

 

Finalmente, o Consello Político decidiu manter un fráxil equilibrio e agardar que o que teña que pasar en Máis Galiza aconteza o día da súa asemblea. Con todo, detrás do comunicado de catro liñas está un debate moito máis fondo sobre a necesidade ou non de seguir dentro do BNG.

 

Un sector importante dos militantes de Máis Galiza están moi descontentos coa liña oficial do BNG e apostan abertamente pola escisión. Mesmo eran partidarios de adiantar a celebración da asemblea para saír canto antes. Pola contra, a maior parte dos dirixentes desta corrente, con Carlos Aymerich á cabeza, son partidarios de negociar coa APU para tentar rebaixar a tensión interna.

 

Diferencias

 

As diferencias entre os dous sectores comezaron mesmo antes da celebración da asemblea nacional do BNG. Un sector importante de independentes e das mocidades de Máis Galiza xa eran partidarios de abandonar a formación. Unha decisión que ratificaron poucos días despois do cónclave nacionalista tras unha reunión que se celebrou xustamente momentos antes de que a dirección de EI acordara deixar a fronte.

 

Desde entón, as posturas teñen sido máis encontradas xa que parte da dirección e, principalmente, os cargos institucionais –nomeadamente varios alcaldes—non están pola labor de abandonar o BNG. Por iso, son partidarios de tentar obter “importantes xestos de apertura” e que a UPG ceda en “cuestións importantes” para expor na asemblea de marzo a posibilidade de continuar no BNG. 

 

Filtracións

 

Precisamente, tras a Permanente que se celebrou o pasado martes, o sector crítico filtrou a algúns medios de comunicación as condicións que esta formación lle esixiría á APU, entre as que, supostamente, estarían a substitución de Guillerme Vázquez como portavoz nacional, reflectir maior paridade nas listas e a dirección e convocar unha asemblea extraordinaria.

 

Por iso, e tras coñecerse estas filtracións, no Consello Político deste xoves houbo tensas intervencións pedindo a algún dos membros deste órgano que deixen de “intoxicar” aos medios para alentar as divisións internas.

 

Finalmente, e tras catro horas de debate chegouse a un mínimo acordo para manter o “status quo” e deixar que sexa a asemblea quen decida se continuar ou non no BNG. Con todo, cada un dos grupos seguirá coa súa estratexia para convencer aos seus o vindeiro 11 de marzo. E é que no único que coinciden todos é en constituirse en partido político, sexa dentro ou fora do BNG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

10 Menudo sarao (I)

Resultados pos Amio: os da UPG siguen ao timón do Bloque, consiguen o respaldo de boa parte da militancia e controlan os aparatos das “organizacións de masas”. Listos que son, despois da experiencia quintanista que deseñaron, sáense daquel tinglao como se non fora con eles, acusando aos de +GZ de “dereitosos”, que o son moitos, e presentándose eles como “ortodoxos”, “revolucionarios” e ata “radicais”. Os que manteñen as esencias, vaia, aínda que ninguén saiba se Reganosa, o estatuto de nación, Bazarra e a declaración de Barcelona son “esencias”.

1 Eses sí que saben

Á UPG haille que recoñecer a experiencia política: primeiro líana parda pondo a Kin Tana e apostando a crear unha burguesía galega, logo chapodan o tipo e para rematar se saen de rositas e poñen de "vendidos" aos que levan anos alimentando. A verdade é que sodes uns putos artistas.

2 nonmecreonada

Tu déixaos que recuperen masa electoral e en catro ou oito búscanse outro Kin Tana como dis ti para volver á Xunta e facer o mesmo. Son ben espabilaos o que pasa é que a credibilidade téñena polo chan. Fíome máis de calquera cousa que digan os mataos-independentistas que dos anuncios da UPG.

3 suicidiocolectivoxa

O nacionalismo neste país é millor que se suicide. Se todo o que hai que esperar vai vir da man da UPG, esperaremos a ver o que lle din polos madriles...

9 Menudo sarao (II)

Por outra banda, os de +GZ saen de todo este lío feitos uns zorros e mostrando sen pudor as motivacións tan cutres que moven a unha parte dos seus cadros (postos, votos, cuotas, resumindo: cacho…). De todo, menos ideoloxía.

1 Matiz a menudo sarao

Un matiz, amigo Sarao: +G tamén che é un revoltallo fino de sensibilidades... Quero pensar que polo menos a xente nova que se move nesa parroquia ten motivacións patrióticas sinceras e que incluso algúns sexan indepes. Polo demáis, os meus parabéns para ti como analista.

2 Voluntario

Eu tamén quero unha casa como a de Aymerich en Sada.

3 porra sobre o 11m

eu aposto que o 11m os que máis mandan en +G atan parte de tarta e quedan dentro, os novos piran espantados e igual unha parte se van con beiras e da xente que non vive desto repártense entre o bloque, o beirismo e a casa.

4 ñaslkdfj

Ay, me riche?

8 Menudo Sarao (III)

Por último, os de Beiras, outro que vai de guardián das esencias como se non tivese roto nunca un prato, pero nunca se enfrentou coa dirección do Bloque nas cuestións políticas fundamentais. A memoria histórica aínda nolo trae apretando a man de Fraga Iribarne en plena crise do Prestige. Estes sí que che poden chegar a ser un río revolto: pájaros como Manolo Diós e Xoán Hermida, que tanto che aplauden a Garzón como che traen de visita un embaixador israelita, altermundistas (por certo, que significa isto aplicado a Galicia?), militantes da sucursal galega de Caio Lara, ex +GZ que non queren U pero tampouco queren autodeterminación… Un refrito incompatible. Se saen de porto aposto a que andan a leches para definir aonde vai o barco (ou a jamela) antes de perderse no horizonte.

1 Rexeneración????

Arre carallo, se ao final baixo un lider electoral carismático son capaces de xuntar todo iso non quero pensar eu que coño era aquelo da "rexeneración do BNG" e o "espíritu do 82". A algunhas das persoas e correntes que se citan aí daquela nin cruzarían a porta de Riazor...

2 Jochimín e os de Verín

A verdade é que vendo eses vimes case me parece máis soberanista e máis de esquerdas o BNG

3 sería o naranjito?

Pois o espíritu do 82 sería aquelo do naranjito, digo eu, que todo o mundo o podía levar na camiseta..........

4 anonimo

Está claro que e Galiza non vai sair nada, fora dos poderes do ESTADO. Uns porque lle deron a man a Fraga, outros porque aplauden a Garzón, outros porque son sucursalistas.... Que bonito país, pero que xente do c...arallo!

7 Menudo sarao (IV)

E de últimos últimos os de Causa Galiza, duros coma croios e co discurso ben interiorizado (xa dixeron por aí que son “admirables” e a min, á súa maneira, parécenmo, polo menos non van ao cacho e viven ao pairo os pobres). A ver se non se perden tamén eles en semellante sarao…

1 Sarao ao poder!

As miñas felicitacións para ti, "Menudo sarao" por capítulos. Non se podía describir mellor, con menos palabras e de forma máis cómica o que pasa no nacionalismo nestes días. Sacácheme un riso da boca.

2 SKbN

Estes carallos de Causa Galiza sonche maratonianos do deserto, e con mochila, pero non se pode andar así toda a vida.

3 Hai meneo?

Será por isso que abandonárom os da FPG? Ou será que estes xa tenhem meneo cos de Beiras?

4 Causa Galiza, força!

A minha esperança é que Causa Galiza em solitário ou com outros sectores que de verdade mirem polo país se comprometa a sacar um projecto sério para diante. Visto o panorama que temos diante é a improvabilidade mais desejável.

6 Xanti

Non hai acordo posibel ca U.