As posturas enfrontadas de Máis Galiza

Fráxil acordo no Consello Político para manter a unidade ata a asemblea do vindeiro 11 de marzo. O sector crítico aposta por marchar, mentres que o sector oficial é partidario de esgotar todas as vías antes de tomar esa división. Tensas intervencións a favor ou en contra de abandonar o BNG.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/02/2012 | Actualizada ás 01:08

Comparte esta noticia

“O Consello Político Nacional faculta á Permanente de Máis Galiza a seguir traballando pola unidade do nacionalismo e someterá á Asemblea Nacional a celebrar o 11 de marzo a constitución de Máis Galiza como partido político e que a propia asemblea determine a conveniencia e compatibilidade dos textos que se aproben coa súa permanencia ou non no BNG”. Este foi o único e escueto comunicado oficial que se remitiu aos medios tras un encontro que durou máis de catro horas e no que houbo intervencións moi subidas de tono.

None

 

Finalmente, o Consello Político decidiu manter un fráxil equilibrio e agardar que o que teña que pasar en Máis Galiza aconteza o día da súa asemblea. Con todo, detrás do comunicado de catro liñas está un debate moito máis fondo sobre a necesidade ou non de seguir dentro do BNG.

 

Un sector importante dos militantes de Máis Galiza están moi descontentos coa liña oficial do BNG e apostan abertamente pola escisión. Mesmo eran partidarios de adiantar a celebración da asemblea para saír canto antes. Pola contra, a maior parte dos dirixentes desta corrente, con Carlos Aymerich á cabeza, son partidarios de negociar coa APU para tentar rebaixar a tensión interna.

 

Diferencias

 

As diferencias entre os dous sectores comezaron mesmo antes da celebración da asemblea nacional do BNG. Un sector importante de independentes e das mocidades de Máis Galiza xa eran partidarios de abandonar a formación. Unha decisión que ratificaron poucos días despois do cónclave nacionalista tras unha reunión que se celebrou xustamente momentos antes de que a dirección de EI acordara deixar a fronte.

 

Desde entón, as posturas teñen sido máis encontradas xa que parte da dirección e, principalmente, os cargos institucionais –nomeadamente varios alcaldes—non están pola labor de abandonar o BNG. Por iso, son partidarios de tentar obter “importantes xestos de apertura” e que a UPG ceda en “cuestións importantes” para expor na asemblea de marzo a posibilidade de continuar no BNG. 

 

Filtracións

 

Precisamente, tras a Permanente que se celebrou o pasado martes, o sector crítico filtrou a algúns medios de comunicación as condicións que esta formación lle esixiría á APU, entre as que, supostamente, estarían a substitución de Guillerme Vázquez como portavoz nacional, reflectir maior paridade nas listas e a dirección e convocar unha asemblea extraordinaria.

 

Por iso, e tras coñecerse estas filtracións, no Consello Político deste xoves houbo tensas intervencións pedindo a algún dos membros deste órgano que deixen de “intoxicar” aos medios para alentar as divisións internas.

 

Finalmente, e tras catro horas de debate chegouse a un mínimo acordo para manter o “status quo” e deixar que sexa a asemblea quen decida se continuar ou non no BNG. Con todo, cada un dos grupos seguirá coa súa estratexia para convencer aos seus o vindeiro 11 de marzo. E é que no único que coinciden todos é en constituirse en partido político, sexa dentro ou fora do BNG. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 55 comentarios

5 titolinho

Alégrome por todos aqueles de +G que decidan quedar no BNG. Adiante co BNG!!

1 Viva Zapata

Os que decidan quedar vanse presentar coas súas cras ao van se disfrazar? Por que despois do que se dixeron uns aos outros non sei eu como poderán verse á cara!!

2 Eu tamén choro

Nada, home. O primeiro que dirán será "Y de lo mio que? Así, directamente en castelán, porque no BNG hai moito casteláns falante ainda que non o creades. Tranquilos todos. Agora imos ver canto temos e como podemos contentar a todos, dirá Pacorro rascándose a caluga.

3 anonimo

O que dicides é penoso. Se así é o partido que temos os galegos de bo corazón para que loiten por esta Terra, mal vamos. Será melloe entón votar ao PSOE, polo menos non engañan a ninguén decindo que todo é por Galicia, cando en realidade é polos postiños e o soldo.

4 novoproxectoxa

Sodes moi inxenuos se pensabades que Aymerich iba a deixar o BNG, co amigo que é de PR. Non vos preocupedes que o van situar ben.

4 TEE1

Que contenta debe estar a esta hora a UPG. Con +G desfeita e os beiristas sendo catro gatos seguro que andan sacando champan para brindar

1 Santiago

Se brindan despois de cada cita electoral na que perden 40.000 votantes máis por que non ían brindar agora?

3 Un que xa ven de volta

Se a forza do BNG son os seus alcaldes por que non xogaron un papel máis decisivo antes da fatídica asemblea? Agora están solicitando esmola cando saben que a UPG non vai deixar os cargos máis importantes da fronte (organización, finanzas e conrol da afiliación). Son, precisamente, estes cargos os que lle permiten ter ao BNG agarrado xa sabemos por onde.Agora os alcaldes teñen medo de non repetir nas próximas eleccións e perder o alpiste. Realmente triste. Creo que +Galiza debera irse xa dunha puñetera vez e deixar aos alcaldes co cargo; xa veriamos nas próximas eleccións que base tiñan para repetir mandato. Pero é que, de quemse trata aqui? De facer unha formación seria con ideas e contidos ou unha "empresa política" que manténa uns executivos que non queren deixar o cargo? Iso xa o vemos na banca; o BNG é un "especial banco político"? Realmente triste.

1 Un desencantado

Pois así parece. O que non entendo é que pintan as bases de +Galiza? Eses xovens que dician estaban pola marcha inmediata do BNG agora templan gaitas. Vese que os fontaneiros do BNG está a facer estragos nas bases. Tamén haberá "opíparas promesas aos cachorriños de +Galiza? Se empezan así mal lle vai ir a Galiza con estes futuros políticos. Beiras ten que presentar xa un oproxecto claro e integrador; nacionalista e galeguista (isto como homenaxe póstumo a seu pai, home íntegro onde os haxa); non esperar a estes saltimbanquis que nin arre nin xó; son coma o can do hortelano que nin comía nin deixaba comer ao amo.

2 Ben cho sey

"Desencantado" fixate en que os que pensamos, movémonos nun marco conceptual coas palabras clave: proxecto-integración-amplo-plural-nacional-galeguista- progreso, que xa caseque define o nome: Integración Nacional e Galeguista de Progreso(INGP)ou IPGN,INPG,etc. O triste e ver xente, que defende os mesmos postulados(BNG e a nova forza resultante) enfrontada, coma se no fondo sempre foran nemigos, desexosos da escisión que servira de excusa para prender a mecha da liorta fraticida e enzoufarnos de xenreira,cobiza e picadas mutuas: ¡¡O nemigo non está dentro!! son os de sempre PP- PSOE: sentados no palco do circo observando sorrintes, como na area nos devoramos coma leóns, namentres chegan as autonómicas de outono.¡¡ A traballar arreo artellando o novo proxecto!! e competir lexitimamente con dignidade e limpeza, na procura dese espazo nacionalista que a cada un lle corresponda soberanamente.A curralo moito, e desde xa. Saúde,progreso,e nación compañeiros.

3 Ben cho sey

Fe de erros: na primeira ringleira onde di "os que pensamos" quero dicir "os que coma ti e min pensamos semellante". Porque imaxino que "os que pensamos" seremos todos, ou a maior parte, a lo menos de vez en cando.Saudos.

2 xocas

O problema é dos amigos irmandiños que fixeron todo sen consultar cos seus compañeiros de candidatura. Nin que o tiveran xa preparado, carallo.

1 Unhaopinión

Despois do visto na Asemblea , a que esperar? A que todo se pudra mais? Mirade como tratan ao alcalde de Teo. Incomprensible para os simpatizantes e votantes. Están abraiados, e mesmo hai xente que pensa que a UPG lle vai dar a alcaldía de Teo ao PP

2 Outraopinion

É incomprensible que lle pidan a acta a un que marcha da organización. Habráse visto!!! Que sectarios!

3 Urco

¿Preparado?, que va home, non sexas mal pensado !!!

1 xonxa

Coitado Carliños que non da feito. O Máis Galiza é cada vez Menos Galiza