"+G debe crear un partido dentro do BNG"

Camilo Nogueira insiste en que Máis Galiza debe facer valer a metade de apoios que conseguiu na asemblea para "preparar ao BNG para gobernar Galiza". Entrevista de GC co histórico líder nacionalista.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 24/02/2012 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Vostede foi sindicalista, liderou Unidade Galega, foi deputado e europarlamentario...Con esta longa traxectoria no nacionalismo, como está a ver o que acontece no BNG?

None

O que sucede agora no BNG é o último resultado dunha crise comezada en 2001 cando ainda mantiña a condición de primeira forza da oposición e unha situación particularmente boa  en alcaldias, as Cortes e no Parlamento Europeu. Nese momento en lugar de facer un alto no camiño e reflexionar sobre o estado da sociedade galega, do Estado español, da Unión Europea e do mundo co obxectvio de potenciar ao nacionalismo galego como alternativa de Governo,  provocóuse unha crise interna que derivou no declinio que coñecemos. 

 

É ben sabido que unha parte do BNG apoiou unha candidatura alternativa á Presidencia do Governo Galego que,  encabezada por  min, se enfrentou a unha maioría que non quixo compreender o que pasaba ou non lle preocupaba o que podía pasar. 

 

E por que formou parte da alternativa de Máis Galiza e EI na pasada asemblea?

Porque foi a forma de manifestar que dentro do BNG existe  outra forma compreender e traballar polo pleno autogoberno nacional desde os valores da esquerda e outro xeito de ver a Galiza como nación no mundo. Sabendo que hoxe a sociedade galega está máis concienciada sobre a cuestión nacional, que a pesar da marxinación na política e na estratexia económica do Estado dispón dunha capacidade económica capaz de sustentar o autogoverno, que ten  unha língua nacional falada pola maioría que goza n ademais un carácter intercontinental; se así o decide, Galiza pode ser recoñecida como unha nación na UE, na Europa sen fronteiras. 

 

Cre que cambiou algo desde ese cónclave?

Creo que sí. A candidatura alternativa conseguía praticamente a metade dos apoios nunha Asemblea Nacional que contou con mais participación que nunca.

 

Con todo a APU foi a vencedora, cre que é posible a convivencia interna?

Coido que alternativa por un novo proxecto común que tivo tan grande apoio debe organizarse internamente e na sociedade de acordo co defendido na Asemblea e  sen ningúnha limitación, contribuindo a preparar ao BNG para gobernar en Galiza pola liberdade, a xustiza e a igualdade. 

 

A saída de EI

 

E que opina da saída de EI do BNG?

Non me corresponde a min opinar sobre a decisión que tomaron eses compañeiros

 

 

Tamén EG e o PNG-PG manifestaron a súa intención de abandonar esta fronte...

Penso o mesmo.

 

Partido dentro do BNG

 

E que pensa que debe facer agora Máis Galiza?

Os seus dirixentes manifestaron a intención de constituirse en partido político dentro do BNG, materializando a idea da existencia duas grandes correntes internas, respeitando calquera outra e en todo caso aos direitos iguais dos militantes independentes. 

 

Nas últimas semanas dirixentes da UPG estiveron falando con alcaldes e con destacados militantes. É certo que Paco Rodríguez falou con vostede? e de que falaron?

Como se pode compreender, a estas alturas e sabendo que todos temos muito que aprender dos demais, non preciso falar demasiado  para decidir sobre o que teño que facer.  

 

Beiras e Rodríguez

 

Vostede os coñece ben, sempre se falou de que a tensa relación entre Beiras e Paco Rodríguez é, en parte, a causa da situación actual. Cre que isto é certo?

Como é sabido nunca participei nesa relación. 

 

Cre que a situación interna que vive o BNG vai ter consecuencias electorais?

Espero que todo o mundo aprenda do sucedido e que isto  sirva para superar a crise e para impulsar a alternativa de Goberno nacionalista e da esquerda que Galiza necesita. 

 

E vese vostede no futuro noutro proxecto político que non sexa o BNG?

Penso que o contestábel ante a pergunta está no que xa dixen anteriormente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 72 comentarios

34 paisano

Hoxe sae a noticia de que Aymerich non abandonará o BNG agás que o boten... estou empezando a pensar que +GZ é outra filial da U. E que xa o tiñan todo planeado entre as dúas correntes... que fosen "aliados" do EI, para perder e "desgastar" aos Irmandiños e facerlles a cama para a súa escisión. Así tamén pretenderían facer pensar que os bos e xenerosos son os que quedan e os malos e traidores os que marcharon.

1 anton

O BNG está ferido de morte. Aymerich fai tempo que se sabe que é outro soldado mais de Pacorro. Dende a convivencia en Madrid idolatrao. É un fodido traidor e de ahí os abandonos de Tabos, Perez Lema e antes Amoedo, Filipe etc. Estará toda a vida o servizo da UPG. Fora non ten nada que facer porque non o queremos

2 Akribéstaton

3 Akribéstaton

"Somos cinco amigos; uma vez saímos um atrás do outro de uma casa; primeiro veio um e pôs-se junto à entrada, depois veio, ou melhor dito, deslizou-se tão ligeiramente como se desliza uma bolinha de mercúrio, o segundo e se pôs não distante do primeiro, depois o terceiro, depois o quarto, depois o quinto. Finalmente, estávamos todos de pé, em uma linha. A gente fixou-se em nós e assinalando-nos, dizia: os cinco acabam de sair dessa casa. A partir dessa época vivemos juntos, e teríamos uma existência pacífica se um sexto não viesse sempre intrometer-se. Não nos faz nada, mas nos incomoda, o que já é bastante; porque se introduz por fôrça ali onde não é querido? Não o conhecemos e não queremos aceitá-lo. Nós cinco tampouco nos conhecíamos antes e, se quer, tampouco nos conhecemos agora, mas aquilo que entre nós cinco é possível e tolerado, não é nem possível nem tolerado com respeito àquele sexto."

4 Akribéstaton

"Além do mais somos cinco e não queremos ser convivência permanente, se entre nós cinco tampouco tem sentido, mas nós estamos já juntos e continuamos juntos, mas não queremos uma nova união, exatamente em razão de nossas experiências. Mas, como ensinar tudo isto ao sexto, pôsto que longas explicações implicariam já em uma aceitação de nosso círculo? É preferível não explicar nada e não o aceitar. Por muito que franza os lábios, afastamo-lo, empurrando-o com o cotovelo, mas por mais que o façamos, volta outra vez."

5 Nerea

Carlos igual sí pero a maioría non

33 paisano

Hoxe sae a noticia de que Aymerich non abandonará o BNG agás que o boten... estou empezando a pensar que +GZ é outra filial da U. E que xa o tiñan todo planeado entre as dúas correntes... que fosen "aliados" do EI, para perder e "desgastar" aos Irmandiños e facerlles a cama para a súa escisión. Así tamén pretenderían facer pensar que os bos e xenerosos son os que quedan e os malos e traidores os que marcharon.

1 anonimo

Dame algo sesa erva que fumas, paisano. Realmente é flipante.

32 Auri

Cantos anos Camilo pasaches criticando o BNG, ata a túa entrada na A.N. de Ferrol. Non sei que cálculos fiseches.

31 Bruar

Unha opinión interesante, pero que probablemente careza de sentido si o novo Proxecto Común ten forza. Camilo fala dun único esceario que é plantexar as cousas como si todo no BNG fora como nos últimos anos, pero con reformas. Plantexa que a mellor opción sería, como el mismo di, un BNG referente amplo da esquerda; pero esa afirmación leva aparellado que o/os grupos dominantes participaran nunha dinámica de non concentración do poder. El sabe, calquera sabe, que non era esa á dinámica. A estas alturas Camilo ainda sigue creendo que si pode ser posible, máis que pasará si a metade do grupo +G se marcha e apoia un proxecto á marxe da UPG? Vale entón o seu discurso?

30 Roi Xordo

A UPG matou a ilusión dos simpatizantes. Ei-la chave do problema que acaba de dar alguén máis abaixo. Mais iso non significa que queimando todo se amañe o nacionalismo galego, engado eu.