Temas: SERGAS SAúDE

O Sergas publica a licitación do novo material de diagnóstico para centros de saúde por 1,6 millóns

Trátase dunha das medidas incluídas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, co obxectivo de ir renovando material de diagnóstico obsoleto das consultas e dotar do equipo necesario para dar unha correcta cobertura sanitaria.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 12:39

Comparte esta noticia

O Servizo Galego de Saúde publicou a licitación para a subministración do novo material de diagnóstico destinado a centros de saúde, por un montante de preto de 1,6 millóns de euros.

Trátase dunha das medidas a curto prazo incluídas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021, co obxectivo de ir renovando material de diagnóstico obsoleto das consultas e dotar do equipo necesario para dar unha correcta cobertura sanitaria.

En total distribuirase en tres lotes ao longo do ano. O primeiro deles consistirá en 279 unidades de holter de presión arterial (641.421 euros), o segundo na contratación de 234 unidades de espirómetros, destinados a medir a capacidade pulmonar, por algo máis de 424.000 euros, e o último a 26 retinógrafos, por preto de 503.000 euros.

Persoal do Sergas. SERGAS
Persoal do Sergas. SERGAS

Temas: SERGAS SAúDE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta