O autor do apuñalamento na Coruña usou unha navalla de 10 centímetros para ferilo en perna e tórax

As autoridades "rexeitan -polo de agora- que se trate dun episodio de homofobia". A vítima recibiu a alta na tarde deste luns.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 17:59

Comparte esta noticia

O presunto autor do apuñalamento ocorrido na mañá deste luns na cidade da Coruña empregou unha navalla de dez centímetros para ferilo nunha perna e no tórax.

Rúa Alfredo Vicenti na Coruña
Rúa Alfredo Vicenti na Coruña | Fonte: Google Maps.

Segundo informaron fontes municipais, pechado o dispositivo de San Xoán, uns minutos pasadas as 8,00 horas, produciuse unha pelexa na rúa Alfredo Vicenti na que resultou ferido o mozo J.F.M., de 25 anos de idade.

O presunto agresor, E.R.T., de 20 anos, empregou unha navalla de dez centímetros para, supostamente, sinalaron as mesmas fontes municipais, causar os cortes ao home de 25 anos, que foi evacuado ao Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (Chuac) cunha ferida nunha perna e outra, de "menor gravidade", no tórax.

Segundo as informacións das forzas e corpos de seguridade, o resultado das primeiras pescudas "rexeitan -polo de agora- que se trate dun episodio de homofobia", subliñan as mesmas fontes municipais.

O ferido atópase "fóra de perigo", abundan as mesmas fontes, hospitalizado, mentres que o presunto autor da agresión foi levado a dependencias da Policía Nacional tras ser detido pola Policía Local.

O mozo apuñalado recibiu o alta ao longo da tarde, segundo trasladaron fontes sanitarias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta