O BNG garante que haberá pacto co PSOE dentro da Deputación de Pontevedra

O nacionalista César Mosquera comentou que as negociacións entre eles non só están a ser presenciais senón que están a utilizar outros medios como os correos electrónicos ou o intercambio de WhatsApp.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2019 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, o nacionalista César Mosquera, garantiu que o BNG e o PSOE pactarán para garantir que a socialista Carmela Silva repita como presidenta da institución provincial, pero indicou que aínda quedan por "afinar" os detalles dese acordo. "Vai haber pacto seguro", anunciou César Mosquera antes de engadir que "o que está por afinar" é se este acordo é "de investidura, de mandato ou de goberno de coalición".

Mosquera fixo estas declaracións este venres despois de participar no último pleno do actual mandato na Deputación de Pontevedra. O portavoz do grupo provincial do Bloque leva persoalmente as negociacións con David Regades, secretario provincial do PSOE, que é o seu interlocutor pola parte socialista. Como anécdota César Mosquera comentou que as negociacións entre eles non só están a ser presenciais senón que están a utilizar outros medios como os correos electrónicos ou o intercambio de WhatsApp.

Mosquera descartou que ese acordo vaia a estar condicionado pola situación que está a vivir o BNG en Vigo onde a formación nacionalista obtivo un só concelleiro e o PSOE, que goberna con maioría absoluta de 20 dos 27 concelleiros, propuxo que non teña grupo propio, senón que pase ao grupo mixto. César Mosquera comprende o "desgusto" dos seus compañeiros de Vigo, pero apuntou que esa situación "non vai condicionar para nada" ao futuro pacto.

César Mosquera, Carmela Silva, Miguel Anxo Fernández Lores e Carlos Font na firma dun convenio
César Mosquera, Carmela Silva, Miguel Anxo Fernández Lores e Carlos Font na firma dun convenio | Fonte: Deputación de Pontevedra

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Rosa

Non ás deputacións, non ás deputacións, non ás deputacións, non ás deputacións, non ás deputacións, non ás deputacións... Deputacións SI!!!

2 Ingrid

Igual estar nas deputacións mesmo pra rematar con elas é máis importante para o país que un concello. O PP, PSOE, Podemos e marcas brancas afíns sí que se caracterizan polo amor ó carguiño e ós cartiños. Para o BNG Galiza vai primeiro e derradeiro, chámase ideoloxía e patriotismo e non se mudan por un bandullo cheo ou un escano no congreso. É o que ten ser nacionalista galego e non un vendido ou servo de Madrid. O BNG non será perfecto pero é o único partido galego e que mira por Galiza.

1 Bendito Chiringuito

Para acabar con elas ou para consolidadas? O do BNG é unha broma! Patriotas do peto, que aproveitan do diñeiro público: cargos, asesores, subvencións, clientelismo, presebrismo e continuidade do enchufismo nunhas institucións inútiles. Nunha cousa estás no certo: os patriotas do BNG trincan igual que os do PPsoE, Ciudadanos, PcEs e Podemitas. Certificado, olla cantos do BNG están no PsoE, no PP (alcaldes, deputados) e até en Vox (caso Ramón Maceiras), e --sobre todo-- cantos se irán pasando no futuro para seguir chupando

1 As Foxas

Se o BNG tivese ética e decencia política, condicionariía as deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra a que o Psoe arranxase o da alcaldía de Fene, pero o carto prima sobre a ideoloxía

1 Sentidiño

Iso é dun localismo abraiante! O poder municipal de Fene é máis importante que os presos políticos, o expolio das hidroeléctricas, a política lingüística do estado, a defensa do lácteo e da pesca, etc etc? O Bng debe esixir moito máis, non sillóns e moquetas en Fene.