Unha especie protexida de morcegos pode frear a empresa que quere reabrir a mina de Touro

A asociación para o estudo e conservación do medio natural, Drosera, desenvolveu un programa sobre morcegos, detectaron nas galerías da mina a presenza continua de morcegos de ferradura grande, especie catalogada como vulnerable.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2019 | Actualizada ás 11:31

Comparte esta noticia

A asociación Drosera desenvolve desde 2007 o programa “Morcegos de Galicia”, realizaron unha visita á contorna do proxecto de ampliación da mina de Touro, a fin de comprobar a presenza de morcegos na antiga mina. A Plataforma Veciñal Mina O Pino-Touro Non, sinalan que “no posterior informe elaborado ao efecto advertiron, dentro dunha galería de mina abandonada no terreo do novo proxecto, a presenza de exemplares de (morcego de ferradura grande) e evidencias de que existe un grande número de individuos nesa galería ao longo do ano, pola gran cantidade de guano acumulación masiva de excrementos de morcegos, presente no fondo da cavidade”.

Río Portapego contaminado pola mina de Touro
Río Portapego contaminado pola mina de Touro | Fonte: Mina Touro-O Pino Non

Esta especie está catalogada como vulnerable no Catálogo Español de Especies
Ameazadas (RD 139/2011)
ademais de Especie de fauna estritamente protexida no Anexo II do Convenio de Berna. Non obstante, a Plataforma veciñan sinala que  “ oEstudo de Impacto Ambiental do proxecto de mina de cobre a ceo aberto de Cobre San Rafael non reflicte a súa existencia e, por tanto, non o contempla como afectado”.

A plataforma apunta que “o documento “Descrición do medio afectado” recolle que non foron identificadas especies con algún réxime de protección no interior dos terreos do proxecto mineiro”. Como recolle o informe da Asociación Drosera “o feito de ser unha especie catalogada esixe un estudo do uso da cavidade pola especie ao longo do ano a fin de determinar o tamaño do grupo, a época en que están presentes na mina e que tipo de refuxio acolle a galería”.

Nun comunicado emitido pola Plataforma Veciñal apuntan que ·”este informe, do que hai xa tempo ten constancia a Xunta de Galicia, pasa a engrosar a lista dos documentos que reflicten evidencias de que o proxecto de Cobre San Rafael non é viable desde ningún punto de vista razoable”. Ademai sinalan que “son diversos os informes técnicos que recollen unha afección da explotación de cobre ao medio natural, así por exemplo, a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pon de manifesto a grave afección que a explotación mineira pode orixinar nas explotacións gandeiras, cualificando a contorna da mina como “zona especialmente gandeira””.

Así mesmo, desde a Dirección Xeral de Ordenación Forestal apuntan que o proxecto “determinaría un evidente prexuízo para as explotacións forestais existentes na zona, o cal non foi debidamente ponderado no Estudo de Impacto Ambiental que presenta a empresa promotora”. Apuntan tamén que “o desenvolvemento dunha explotación mineira en chan rústico de especial protección forestal non pode ser considerado como compatible cos usos forestais en aplicación á lexislación sectorial na materia”.

A plataforma remarca que “no mesmo sentido exprésase o informe da Dirección Xeral de Patrimonio Natural ao mencionar a proximidade do proxecto ao espazo protexido Rede NATURA 2000 Sistema Fluvial Ulla – Deza, enumerando os hábitats de interese comunitario presentes na zona e as especies protexidas existentes na mesma, destacando como deficiencias a ausencia de avaliación da repercusión da explotación realizada sobre o medio ambiente para poder acreditar a inocuidade da proposta”.

Dentro da demarcación do Proxecto Touro hai catro hábitats de interese comunitario para os que “Cobre San Rafael non contempla ningún tipo de protección, polo que parece darse por feito a súa destrución, a pesar das advertencias do informe da Dirección Xeral do Patrimonio Natural con respecto á afección ás especies do hábitat 4030 (xesteiras secas europeos) nos termos establecidos na Lei de Patrimonio Natural e Biodiversidade, xa que son “tipos de hábitats naturais de interese comunitario para cuxa conservación é necesario designar zonas especiais de conservación.”

Ao longo das últimas décadas fixéronse públicos diversos ensaios científicos sobre a incidencia negativa da antiga mina de Touro, cuxa contaminación supuxo unha grave deterioración na flora e a fauna da contorna, específicamente no río Ulla. Así, apuntan  entre outros males, o seu afluente Brandelos quedou desprovisto de microinvertebrados e de peixes, como recollía Jesús Santamarina en 1995, e os salmóns acumulaban nas súas escamas 7 veces máis cobre do normal, como reflectía o estudo no que colaboran a Universidade de Vigo, o CSIC e a Universidade de Swansea. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta