Rescatan o corpo dunha muller dun pozo en Amoeiro

Fontes da Garda Civil apuntan a un "posible suicidio" como causa da morte

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 05/07/2019 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Efectivos de bombeiros rescataron este venres pola mañá o corpo dunha muller do interior dun pozo no termo municipal de Amoeiro  Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia a Europa Press, ás 9:30 horas recibiuse o aviso dun corpo nun pozo situado preto da praza do pobo, en Amoeiro.

Por iso foron mobilizados o 061, Protección Civil da localidade, Garda Civil e os Bombeiros do Carballiño, que foron os encargados de rescatar o corpo. O rescate do corpo da muller falecida do interior do pozo rematou sobre as 11,30 horas deste venres. Fontes da Garda Civil apuntaron a Europa Press a un "posible suicidio" como causa da morte desta muller, de 58 anos e veciña de Fontes, en Amoeiro.

Restos do Castelo de Alba de Búbal, no concello de Amoeiro
Restos do Castelo de Alba de Búbal, no concello de Amoeiro | Fonte: historiadegalicia.gal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta