Dúas mulleres e dous homes optan a presidir a Audiencia Provincial da Coruña

Os aspirantes exporán ante a Comisión Permanente do CGPJ o seu currículo e o seu proxecto, antes de que o pleno do órgano de goberno dos xuíces someta a debate e votación as candidaturas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/07/2019 | Actualizada ás 13:11

Comparte esta noticia

Dúas mulleres e dous homes aspiran finalmente á presidencia da Audiencia Provincial da Coruña, para o que presentarán o xoves 18 de xullo os seus proxectos respectivos ante a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ).

Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), os candidatos son o titular do Xulgado de Primeira Instancia número 8 da Coruña, Antonio Fraga Mandián; a maxistrada do Xulgado do Mercantil numero 2 de Pontevedra, Nuria Fachal Noguer; a xuíza da Audiencia Provincial de Lugo María Zulema Gento Castro e o maxistrado da Audiencia Provincial coruñesa Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras.

O día 18 de xullo o primeiro en expor o seu proxecto ante a Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial para presidir a Audiencia Provincial da Coruña será Antonio Fraga Mandián ás 17,00 horas, mentres que a segunda será Nuria Fachal Noguer ás 18,15 horas.

O terceiro aspirante en expor a súa candidatura será María Zulema Gento Castro ás 19,15 horas, mentres que pechará as comparecencias ás 20,15 horas Ignacio Alfredo Picatoste Sueiras.

Os aspirantes exporán ante a Comisión Permanente do CGPJ o seu currículo e o seu proxecto, antes de que o pleno do órgano de goberno dos xuíces someta a debate e votación as candidaturas.

Audiencia Provincial de Xustiza, os seus xulgados na Coruña
Audiencia Provincial de Xustiza, os seus xulgados na Coruña

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta