Galicia pide ampliar a todas as frotas do mundo a prohibición de cortar aletas ás quenllas e devolvelas ao mar mutiladas

Demanda á Xunta que se dirixa ao Goberno central co fin de trasladar na Unión Europea esta petición.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/07/2019 | Actualizada ás 15:35

Comparte esta noticia

O Parlamento galego demandou este xoves á Xunta que se dirixa ao Goberno central co fin de trasladar na Unión Europea a petición para que a prohibición de cortar aletas de quenlla a bordo, coñecida como 'finning', se estenda a todas as frotas mundiais.

Cortando a aleta a unha quenlla.
Cortando a aleta a unha quenlla.

Nesta iniciativa do PPdeG, transaccionada co PSdeG, tamén se volve reclamar ao Goberno central que defenda a actividade pesqueira de quenlla e marraxo, así como realizar un estudo do impacto que supón para a frota galega o custo de cumprir esta normativa.

Na defensa desta iniciativa, a deputada do PPdeG Teresa Egerique puxo en valor o traballo de forma "sustentable" que realiza a frota galega, que "aproveita todo o corpo" da quenlla e "nada ten que ver co que fan outros países".

Respecto diso, lamentou que na última semana se coñeceu a "fustrigación" por parte de Greenpeace a un palangreiro da Guarda (Pontevedra), mentres avisa das "discrepancias" existentes sobre a normativa e a inseguridade xurídica e custos que provoca aos armadores.

Deste xeito, Egerique defende que a frota galega cumpre escrupulosamente coa lexislación en vigor, á vez que non pesca ás especies de escualos menos vulnerables.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta