Medio Ambiente inicia a redacción dos Plans Básicos Municipais de oito concellos pequenos

Este plan dotará aos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes dun instrumento urbanístico básico e implantarase en Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de Río, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada e Triacastela.

Por E.P. | OURENSE | 16/07/2019 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Ambiente pechou o contrato polo que se redactarán oito Plans Básicos Municipais dos concellos de Cartelle, Padrenda, Porqueira, San Xoán de Río, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada e Triacastela.

A directora xeral de Ordenación do Territorio, Encarnación Rivas, presidiu este martes unha reunión entre representantes das administracións locais e os equipos redactores, co fin de coordinar os traballos de redacción desta figura que xa recolle a Lei do chan.

Así, explicou que se trata dunha ferramenta impulsada pola Consellería de Medio Ambiente e pensada para os concellos de menos de 5.000 habitantes que non contan con plan xeral.

Encarnación Rivas sinalou que estes concellos -xunto co do Páramo- serán os primeiros municipios en contar con este instrumento de plan, pois as empresas dispoñen dun prazo de dez meses para redactar os devanditos plans básicos municipais, que se basearán no traballo piloto que leva a cabo a consellería para a tramitación do PBM do Páramo.

O Plan Básico Municipal dotará aos concellos galegos de menos de 5.000 habitantes dun instrumento urbanístico básico que lles permitirá ofrecer unha capacidade de acollida residencial e económica que dea resposta ao desenvolvemento elemental dunha certa actividade urbanística, pero sen establecer criterios de crecemento urbano.

Medio Ambiente inicia a redacción dos plans básicos municipais de oito concellos de menos de 5.000 habitantes.. XUNTA
Medio Ambiente inicia a redacción dos plans básicos municipais de oito concellos de menos de 5.000 habitantes.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta