Temas: ALLARIZ AGRO PAN

Allariz recupera a seitura e a malla

O concello organiza unha nova edición das Festas Etnográficas para divulgar o ciclo do pan. Recrearanse traballos como a seitura ou a malla e rematarase o proceso elaborando pan "made in Allariz".

Por X.M. Fernández | Allariz | 17/07/2019 | Actualizada ás 20:45

Comparte esta noticia

As festas darán comezo esta fin de semana coa representación o sábado día 20 de xullo, en Queiroás da Igrexa, da tradicional seitura, celebración que chega este ano á súa XVII edición. Nela recréase unha xornada de traballo no campo, concretamente a sega, na que homes e mulleres compartían esta dura tarefa que inicia o ciclo do pan.

A seitura. Fonte: Prensa Allariz A seitura. Fonte: Prensa Allariz
A seitura. Fonte: Prensa Allariz A seitura. Fonte: Prensa Allariz

Será esta unha de varias festas etnográficas relacionadas cos traballos comunitarios que xuntaban á veciñanza e que tiñan como obxectivo final a elaboración do tan prezado pan.

En Queiroás tamén se representará a malla no vindeiro mes de agosto e o ciclo continuará no Muíño do Burato onde se realizará unha moenda e, por último, na Torre de Seoane, onde terá lugar a fornada. De aquí sairá o pan acabado de cocer ao estilo tradicional e cen por cen de Allariz.

Programa da XVII Seitura de Queiroás da Igrexa

9:00 h. Encontro de segadores na “Petouquiña”.

10:00 h. Comezo da sega no eido da “Penarredonda”.

11:00 h. Parada para o almorzo con pinchos e doces.

12:00 h. Atado e enmedado de mollos para facer as medas no eido.

14:30 h. Xantar na “Bidueira do Kiko”. Foliada con gaiteiros e música galega.

Temas: ALLARIZ AGRO PAN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta