Temas: RURAL LEITE

Galicia segue sendo líder en España no sector lácteo, con preto do 40% da produción

Os produtores lácteos galegos facturaron 368 millóns de euros no que vai de ano.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 18/07/2019 | Actualizada ás 18:36

Comparte esta noticia

Nos primeiros cinco meses do ano, os titulares de explotacións lácteas galegas facturaron 368 millóns de euros, o que supón un 2,3% máis que no mesmo período de 2018. Así o avanzou este xoves o conselleiro do Medio Rural, José González, durante a inauguración das novas instalacións da Sociedade Agraria de Transformación (SAT) A Campa, situada no concello coruñés de Curtis.

Leite das vacas de Curtis.
Leite das vacas de Curtis.

Alí, José González sinalou tamén que Galicia segue sendo líder en España no sector lácteo, con preto do 40% da produción.

O conselleiro destacou que a facturación dos gandeiros galegos tamén representa o 37% a nivel estatal, unha "boa cifra" que mostra a "estabilidade" no sector.

Deste xeito, asegurou que é "incuestionable" que o sector lácteo "é un dos principais motores do rural galego" e, por tanto, "da economía" de Galicia. 

O conselleiro apostou pola transformación e pola calidade como maneira de revalorizar os produtos, dado que "no rural pódese vivir e pódese vivir ben".

Temas: RURAL LEITE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta