Localizan en bo estado o home desaparecido en Verea e aa muller que faltaba en Monterrei

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 18/07/2019 | Actualizada ás 19:46

Comparte esta noticia

Os dispostivos de procura localizaron na tarde deste xoves ao home que faltaba do seu domicilio no municipio ourensán de Verea, así como a unha muller que desaparecera en Monterrei.

Desaparecido en Verea.
Desaparecido en Verea.

Segundo a información achegada pola Garda Civil, o home, M.C, de 69 anos e enfermo de alzehimer, faltaba do seu domicilio, na parroquia de Cardeu, desde as 19,00 horas do mércores.

O desaparecido foi localizado pouco antes das 18,00 horas deste xoves por uns veciños na zona de Fustans, en perfecto estado de saúde.

Por outra banda, a Garda Civil informou de que sobre as 15,00 horas activouse un dispositivo para localizar a unha muller de 54 anos que faltaba dunha residencia psiquiátrica na que se atopaba interna. A muller tamén foi localizada en bo estado en Maceda.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta