Coñecemos a historia de Zaira e Juan Carlos, unha parella que cambiou Benidorm por San Xoán de Río no ano 2023 para vivir en harmonía coa natureza e impulsar o seu negocio de cosmética natural "Piel Natura".
Gemma & Naza Cheesecakes (Monforte de Lemos), Ficar Aquí (Os Ancares e A Mariña) e Enzicas (A Coruña) fanse cos premios do X Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra.
Entre os traballos presentados seleccionaranse 10 finalistas que exporán os seus proxectos na final que se celebrará o 18 de abril dentro do Encontro “Inspiro”.
'Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor' comezou este venres 24 e rematará o 25 de novembro; dúas xornadas nas que os participantes compartirán e descubrirán aquelas oportunidades que ofrece a contorna rural de Chaves e Verín para o futuro das novas xeracións.
Uns emprendedores de Pantón ofrecen estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo nun particular cemiterio onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…