'Novas ruralidades', un encontro na Eurocidade Chaves-Verín para poñer en valor o potencial do rural

'Novas ruralidades. Un futuro novo e prometedor' comezou este venres 24 e rematará o 25 de novembro; dúas xornadas nas que os participantes compartirán e descubrirán aquelas oportunidades que ofrece a contorna rural de Chaves e Verín para o futuro das novas xeracións.

Por Galicia Confidencial | Verín | 25/11/2023 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

O evento comezou este venres, 24 de novembro, cunha sesión teórica da man do investigador experimental Fran Quiroga para coñecer, analizar e entender o termo "Novas Ruralidades". A continuación, xunto a Diego Parajó, celebrouse un Taller de oportunidades de emprendemento na Eurocidade Chaves-Verín para mulleres e homes con visión empresarial. Durante 3 horas exploráronse as oportunidades que ofrece o territorio transfronteirizo para levar a cabo proxectos. Todo desde un traballo colaborativo e práctico buscando fomentar a creatividade, facilitar unha mirada crítica sobre o contexto e ofrecer oportunidades de networking para conectar con outras persoas emprendedoras locais.

Sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín.
Sede da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín.

O sábado 25 de novembro haberá unha xornada dedicada a poñer enriba da mesa ideas que xurdan do día anterior; pero que tamén servirá para coñecer o traballo das emprendedoras locais, presentar proxectos propios ou buscar futuras alianzas. A xornada empezará cunha mesa redonda, moderada pola xornalista Nora Sola, na que participarán Begoña Vázquez (do restaurante Regueiro dá Cova), Ana Ponteira do Teatro Experimental Flaviense, António Machado - representante de ADRAT -,  e representantes dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia.

A continuación abrirase un espazo no que se darán a coñecer casos inspiradores como "As avelaiñasas" ou "Vai Sen Pelos". Ademais, todas as participantes nas xornadas que así o desexen poderán presentar os seus propios proxectos este mesmo día (previa inscrición), contando coa posterior avaliación de expertos en comunicación, márketing, promoción, financiamento e administración que as axudarán a valorar as súas novas oportunidades de negocio.

O obxectivo destas xornadas é propiciar un lugar de encontro no que os participantes poidan compartir ideas, establecer conexións e potenciar proxectos colaborativos. Unha ocasión para tecer redes e coñecer a experiencia dos veciños dos barrios norte (Galicia) e sur da Eurociudad (Portugal) que, na actualidade, desenvolven con éxito as súas actividades económicas neste contexto. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta