Por X.M. Fernández | Portonovo | 09/01/2022 | Actualizada ás 10:00
Vega Meiga ten a súa sede en Portonovo, no Concello de Sanxenxo, e é un espazo creativo o fan posible artesáns, deseñadores e empresas galegas que cren e apostan por un concepto que mestura o orgánico, o ecolóxico, o sostible e o reciclado.
Algúns dos seus colaboradores son: Rir&Co, Félix de Martín, Hiel de Buey, Mi madre no me deja, Boa Vida, Belategui Regueiro,Tila Ares, Puntadas no Aire, Panadería Design, Papaya Estudio e Nordés Velería.
Coa economía circular e o comercio xusto como piares fundamentais, este proxecto emprendedor ten como obxectivos impulsar a artesanía, empoderar ás mulleres e dar valor a artigos sostibles que reduzan o impacto medioambiental.
O abano de produtos que xa ofrecen na súa web pódense encaixar nas seguintes categorías: moda, complementos, souvenirs artesanais e fogar.
Os promotores da iniciativa lembran que teñen unha aposta decidida polo comercio de proximidade "made in Galicia" e afirman que Vega Meiga é "unha marca que se inspirou na motivación por recuperar as tradicións antigas do feito a man, da crenza nas 'Meigas' de da paixon polo orgánico, ecolóxico e sostible".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.