Artigos de Xosé Glez.

Os montes veciñais en man común

Os habitantes das parroquias,que encarnan a vida espiritual do pobo galego, segundo definición dun egrexio xurisconsulto experto no noso dereito civil, teñen a misión de conservaren os bens posuídos en “comunidade xermánica”. Un deses bens son os montes veciñais en man común, que son eixos vertebradores da vida económica, e tamén dinamizadores sociais das parroquias, células básicas desta orixinal organización territorial.

Acto de homenaxe ao reitor Rodríguez Cadarso en Lubián

O día 15 de decembro de 1933 morría traxicamente no Concello de Lubián ( terras roubadas a Galicia por Javier de Burgos, o autor da división territorial por provincias), o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, don Alejandro Rodríguez Cadarso, cando viña de volta de Madrid onde participara nunha sesión das Cortes pola súa condición de deputado. O automóbil envorcou e precipitouse por un noiro.

Na Limia en galego, agora e sempre

En Santa María A Nova de Noia hai un museo de laudas funerarias dos séculos XIV, XV e XVI, pertencentes ao cemiterio histórico da Vila. Sartegos sen paragón en Europa pola calidade da súa talla e polo estado de conservación. Nelas figuran as marcas profesionais ou gremiais, representadas polas ferramentas do seu traballo: tesouras de alfaiates, compás ou escuadra de carpinteiros, pico de canteiro, machados, áncoras… que informan aos visitantentes das características profesionais dos que permaneceron soterrados baixo delas.

A identidade lingüística dos defuntos

Cando en 1978 chegou a Galicia a musicóloga suiza Dorothé Schubarth coa pretensión de percorrer os lugares máis recónditos do país e procurar informantes para facer un inventario da música tradicional galega, no país estábanse a producir grandes cambio sociolóxicos.

Sumar Navantia

A primeira vez que unha empresa pública utilizou a lingua galega foi a Compañía Telefónica Nacional de España presidida por don Luís Solana na década dos anos oitenta. Cómpre facer memoria.

Homenaxe a don Ramón Castromil

Sempre fun partidario de utilizar criterios innovadores para acadar a galeguización da sociedade fuxindo das inertes e manidas inercias.

Premios á etiquetaxe en lingua galega

Hai vinte anos constituíuse en Esposende, Ribadavia, a Asociación Álvaro das Casas, no pazo familiar de Álvaro das Casas, unha figura senlleira na dinamización galeguista no primeiro terzo do século XX. Foi o creador da asociación xuvenil “Ultreia” que chegou a aglutinar máis de dous mil afiliados.

Actos académicos en Mondariz

“Fala galego porque … pensa en galego!”. Este é o texto que que o artista ponteareán Vidalés Tomé lle puxo a unha caricatura súa de Enrique Peinador Lines, tocado cunha monteira, publicada nos anos vinte do século pasado. A min pareceme un retrato moi acaído do pensamento galeguista do empresario máis emblemático de Galicia que rexía os destinos do Balneario de Mondariz e da embotelladora de augas mineromedicinais.