Artigos de Xosé Glez.

Un monumento funerario para Manuel Murguía

As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.

Lugo, capital de galeguización xurídica e xudicial

Lugo é a cidade galega con máis xulgados en en Galicia adoitan utilizar a lingua galega nas resolucións xudiciais e outros trámites procesuais. Un feito que non debe pasar desapercibido porque poderían servir de exemplo ao demais de Galicia. Un labor que vén realizando un grupo de xuíces e xuízas co apoio dun número significativo do funcionariado que se implicaron na galeguización procesual.

Beiras e máis eu

Edicións Laiovento vén de publicar unha nova obra de Xosé Manuel Beiras titulada “ Retratos en fite”. Un libro no que o autor confesa admiración polo “Libro dos amigos” de Ramón Otero Pedrayo, que recolle a memoria dun fato de amigos cos que partillou militancia galeguista.

Novos xuíces honorarios do Couto Mixto

A semana pasada coincidiron no mesmo día e hora dúas celebracións arredor do coñecemento da memoria do Couto Mixto. Nun, a antropóloga Paula Godinho participou no “Congreso Internacional da Fronteira Hispano-Portuguesa: pessoas, povos e palavras” cun relatorio titulado “Memoria do Couto Misto: fronteira, liminaridade e condiçao cosmopolita”; noutro, Mario García, deputado do PSC, de oríxes arraianas, concretamente de Randín, onde ten “casa aberta con fume”, pedía o recoñecemento oficial do Parlament de Catalunya para o Couto Mixto.

Irmandade xurídica galega

A existencia dun dereito consuetudinario propio é unha evidencia constatada na imnumerable biografía xurídica publicada desde hai ben tempo. Non vén ao caso relacionar a amplísima nómina de xuristas que se preocuparon pola súa existencia e necesidade de regulalo.

O día das Letras Galegas e a diglosia

Son dos que opinan que o Día das Letras Galegas debería mudar o seu obxectivo fundacional de divulgar a literatura galega por outro formato que explore novos horizontes. Esta exclusividade deixa sen visibilidade outros espazos nos que se xoga o futuro da lingua. Aínda máis: grandes franxas sociais non se sinten atraídas, en absoluto, polo carácter destas celebracións literarias; míranas de esguello, con indiferenza.

Mellor nos iría

O Diario Oficial de Galicia na súa edición do día 31 do pasado mes de decembro publicaba a Lei de Orzamentos Xerais da C.A. de Galicia para o ano 2022. A súa lectura ofrécenos unha panorámica das partidas orzamentarias que poden interesar para coñecer o funcionamento das nosas institucións, pero tamén para os afortalamentos dos nosos sinais de identidade.