Artigos de Xosé Glez.

Castrelo de Miño, 45 anos despois

En realidade, para dicir ben, a presa comezara a construirse dous anos antes, pero foi en 1966 cando se rexistraron as primeiras mobilizacións dos afectados apoiadas por unha opinión pública que se coaba polas fendas do poder absoluto.

En galego, agora e sempre

Con este lema a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística vén convocando tódolos anos aos concellos galegos para organizar actos nos camposantos coa finalidade de restituír a memoria lingüística dos nosos devanceiros.

Na Estrada, polo Dereito

Durante o tempo que don Fermín Bouza Brey exerceu a titularidade do xulgado do partido xudicial da Estrada non dictou ningunha sentenza en lingua galega.

Día da Patria Galega, o rito das arengas

Co gallo do Día da Patria Galega volvemos ao rito das arengas. Non hai mito sen rito. Nos tempos da IIª República a praza da Quintana compostelá foi o lugar no que se sucedían as intervencións dedicadas a exaltar a galeguidade.

Couto mixto, territoiro distinto

Amigo ou amiga lectora, se vostede non coñece aínda o Couto Mixto, a súa historia, territorio e paisaxe, visíteo agora aproveitando que a Asociación de Amigos do Couto Mixto celebra este sábado, día 9, na Igrexa de Santiago o acto de nomeamento dos Xuíces Honorarios.

Premios Peña Novo

O Castelo de Soutomaior volverá ser o escenario elixido para o acto de entrega dos Premios Peña Novo, que este ano fóronlles concedidos a Alba Nogueira, profesora de Dereito Administrativo da USC, Xosé Rodriguez Cruz, etnógrafo e funcionario do Corpo Nacional de Policía e ao Concello de Ames.

IV asamblea da Irmandade Xurídica Galega

Hai catro anos que a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística creou a Irmandade Xurídica Galega.

A galeguización dos viños galegos

Na mesma estancia do pazo dos Ulloa (Esposende-Ribadavia) onde don Álvaro das Casas na década dos anos trinta do século pasado fundara a Unión de Colleiteiros do Ribeiro do Avia, entregaranse este sábado os PREMIOS BACELOS DE PRATA ás adegas de Alfredo Alvarado Pires e Elisa Collarte Fernández.