Artigos de Xosé Glez.

Sentenzas xudiciais en galego a instancia de parte

O amparo legal existe. O artigo 7.2. da Lei 3/1983 de Normalización Lingüística recolle este dereito: “As actuacións xudiciais de Galicia serán válidas e producirán os seus efectos calquera que sexa a lingua oficial empregada. En todo caso, a parte ou interesado terá dereito a que se lle entere ou notifique na lingua oficial que elixa”.

Concellos e xustiza

Afondar nos medios para acadar maiores cotas de normalización da lingua galega nas administracións públicas é unha práctica pouco común. As inercias funcionan de seu para mal. Beatriz Varela Morales, técnica do Departamento de Educación do Concello de Santiago, é unha excepción. Nese servizo municipal a meticulosidade é unha norma propia dos que saben que os dereitos humanos recoñecidos polos textos legais deben ter carácter expansivo e teren sede en todos os actos administrativos.

Premio Blanco-Amor

O día 1 de decembro de 1979 falecía en Vigo Eduardo Blanco Amor a quen coñecín moito nas tertulias duns poucos na Fundación Penzol.

Antón Beiras, un científico progresista e galeguista

A década dos cincuenta do século pasado está ateigada de feitos e personaxes sobranceiros que salientaron no eido científico. Para que isto ocorrese non podemos esquecer algúns fitos relevantes. En 1956 celébrase en Buenos Aires o 1º Congreso da Emigración Galega. Un cónclave que foi decisivo para alentar no interior do país un proceso de modernización e avances en todos os campos.

Lápidas e exéquias fúnebres

O día de Defuntos ten en Galicia unha longa tradición manifestada nos ritos funerarios que expresan o tránsito da vida á morte. O antropólogo Marcial Gondar sitúa esa cultura na identidade, afirmando que os vivos e os mortos ainda constitúen unha comunidade: o defunto está sempre próximo, mesturado cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá.

Viños e produtos que falan en galego

O pensamento económico galego ten unha historia apenas coñecida. Ese descoñecemento está desgrazadamente moi xeralizado. Vexamos algúns casos.

Premios á publicidade en galego

A estas alturas do tempo as grandes marcas comerciais xa teñen preparadas as campañas publicitarias para emitiren nas festas do nadal. As canles de televisión e a prensa escrita serán os espazos máis recorrentes. Coma acontece todos os anos, os anuncios que máis se farán ver serán os das marcas de colonias e perfumes francesas con deseños engaiolantes, completadas con frases curtas e audios en francés.

Un monumento funerario para Manuel Murguía

As Irmandades da Fala constituídas en 1917, seis anos antes do pasamento de Manuel Murguía, fundador do nacionalismo galego, reivindicou a soberanía estética de Galicia como un dos obxectivos para impedir a desfeita do noso patrimonio arquitectónico, monumental e popular. Continuadores desa filosofía foron os intelectuais da Xeración Nós. O Partido Galeguista, fundado en 1931, incorporou ao seu programa o obxectivo das Irmandades, sendo o arquitecto Manuel Gómez Román o gran valedor da defensa dun estilo arquitectónico xenuinamente galego. Ramón Otero Pedrayo calificouno como o soñador das mil Compostelas para Galicia. As súas construcións espalladas pola xeografía galega e moitos proxectos inéditos que se conservan dan fé do aserto oteriano.