Artigos de Pablo Vaamonde

Defender o futuro

Os grupos económicos e os políticos cómplices que dominan o mundo expropiáronnos, en pouco tempo, as conquistas sociais e os dereitos cívicos conseguidos nas últimas décadas, e que criamos consolidados e sen posibilidade de retroceso.

Señores e servos

Amos e escravos. Foi Nietzsche quen falou (seguindo a Hegel) da moral de amos e escravos. O amo valora o orgullo e a fortaleza; o escravo valora a humildade e a compaixón. Defendía a existencia de dúas clases de homes: os señores e os servos. Os primeiros aprecian como bo o superior, forte e dominador. O escravo valora como “boas” as calidades dos débiles: a compaixón, a paciencia, a humildade; promove valores como a mansedume e a misericordia e critican o egoismo e a forza.

Os conflitos de interese e as portas xiratorias na sanidade

Na sanidade a estratexia de privatizacións contínuas, con recortes orzamentarios no sector público e a entrega de porcións crecentes dos presupostos a mans privadas para o seu lucro persoal, o Partido Popular levaa a cabo, en moitos casos, de maneira solapada. Hai un apoio cómplice entre o poder político e os intereses privados; realizan acordos na sombra, furtando o control destas manobras aos representantes públicos (partidos da oposición, organizacións sindicais e profesionais).

A saúde da mocidade e da infancia

Non me atrevo a prognosticar como será a saúde dos nosos mozos cando pasen outros trinta anos. Neste mundo tan cambiante e globalizado, dominado polas forzas escuras do mercado, calquera predicción pode ser errónea. (Só me atrevo a predecir que aumentarán, en gran medida, os procesos tendinosos e artrósicos das mans, causados polo uso compulsivo de tabletas e móbiles).

A saúde como mercadoría

Antes de ocupar o poder no goberno central o Partido Popular xa viña realizando privatizacións nas CCAA onde gobernaba. Entregaron hospitais públicos a mans privadas (modelo PFI) e realizaron unha masiva externalización de servizos e áreas de actividade sanitaria. Desde que tomaron o poder no goberno central realizaron drásticos recortes. Aos poucos meses o goberno de Rajoy aprobou un recorte de 10.000 millóns en sanidade e educación

A sociedade do malestar

Calquera persoa debe ter dereito a deseñar o seu propio proxecto vital e traballar por construílo día a día. Para iso é necesario garantir a igualdade de oportunidades e que a sociedade permita o desenvolvemento persoal e profesional de cada quen segundo a súa capacidade, a súa valía e o seu esforzo.

Chegar a vello

Hai trinta anos, cando traballaba en Estepona (Málaga), publiquei un libriño titulado “Como llegar a viejo”. Agora, xa próximo aos sesenta, podería escribir cousas distintas porque teño a vellez máis próxima, pero o escrito daquela non perdeu o seu validez.

A loita pola igualdade de xénero

Os avances conseguidos nas últimas décadas en relación coa igualdade de xénero foron moi importantes. Durante o século XX a loita das pioneiras feministas permitiu conquistar dereitos elementais (voto, divorcio, aborto, estudos) que antes excluían ás mulleres. No ámbito da educación os datos son claros: seis de cada dez licenciados universitarios na UE son mulleres -aínda que nos consellos de dirección a súa presenza é aínda marxinal-.
Pablo Vaamonde Nado na Baña en 1956. É médico de familia no Centro de Saúde de Labañou (A Coruña). Foi fundador e director da revista médica Cadernos de Atención Primaria (1994-2005), presidente da Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC) de 1996 a 2005 e vicepresidente do Colexio Oficial de Médicos de A Coruña e responsable do Programa de Formación Continuada de 1998 a 2005. Foi director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas entre 2005 e 2006. Tamén foi membro da Comisión Sectorial de Sanidade que elaborou o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, colaborador habitual dos medios e autor de tres libros de narrativa: O fillo do emigrante (2002), O mes de abril (2004), Luz Divina e outros retratos (2006). Recibiu o Premio Lois Peña Novo en 2005, polo seu compromiso na promoción e defensa da língua de Galicia e é colexiado de Honra con Emblema de Prata (2007) do Colexio Oficial de Médicos da provincia de A Coruña.