Artigos de Fernando del Río

A cosmovisión estadista europea

Os cidadáns europeos acreditan en que corresponde ao Estado resolver unha grande parte dos seus problemas. Tal opinión reflicte unha cosmovisión profundamente estadista. Isto é polo menos o que se deduce dun estudo levado a cabo pola Fundación BBVA no ano 2012 en dez países europeos ((Alemaña, Dinamarca, España, Franza, Italia, Holanda, Polonia, Reino Unido, República Checa e Suecia). O estudo leva o nome de “Valores políticos-económicos e a crise económica” (aquí pode encontrar un resume) e revela que os españois se sitúan á cabeza do Estadismo europeo. Un repaso dalgúns dos resultados do estudo da Fundación BBVA pode dar unha idea do arraigado que o Estadismo está na nosa sociedade e pode axudar a comprender algunhas dinámicas políticas.

O xogo dos balanzos fiscais

O Ministerio da Facenda ven de publicar recentemente os chamados popularmente balanzos fiscais. Aínda que o Ministerio prefire denominalos Sistema de Contas Públicas Territorializadas, mais técnico mais tamén mais ostentoso.

A lóxica da acción colectiva

Probabelmente se ten preguntado en mais de unha ocasión por que o goberno ten implementado unha determinada política e non outra. A primeira resposta que lle pode vir á cabeza é que o goberno leva a cabo as políticas que mais lle conveñen á sociedade. Porén, se algunha vez tivo a tentación de dar esta resposta, desbotouna de contado. Non acredita que os nosos gobernantes sexan tan ben intencionados e, ademais, é evidente que moitas políticas distan moito de promover o ben común. Mais ben todo o contrario.

Taxis e progreso tecnolóxico

Johannes Gutenberg é considerado o inventor da imprenta de tipo móvil. No 1450 comezou a primeira impresión dun libro con este medio, a Biblia. A imprenta de tipo móvil espallouse rapidamente por todo o continente europeo. Porén, a París non chegou ata 1470. Unha vez os editores parisinos adoptaron a innovación a cidade converteuse nun dos principais centros editoriais da Europa. Durante todo o século seguinte París foi a capital mundial da edición de textos universitarios.

Proxectando os resultados das eleccións europeas

Non é o meu costume escribir sobre cuestións electorais, mais voume atrever. A fin de contas calquera pode dicir ao respecto a primeira parvada que se lle pasa pola cabeza. Interésame especialmente o que estas eleccións din sobre o futuro. Os resultados destas europeas suxírenme tres posíbeis escenarios para as próximas eleccións xerais. Escenarios ademais moi diferentes. E todos bastante probábeis.

A revolución tecnolóxica e o futuro das nacións: a hora dos desherdados

As tecnoloxías da información están a abrir crecentemente o acceso á información –e así ao coñecemento- de todos en calquera parte do planeta. O cal, xunto coa redución dos custos de transporte e a eliminación de trabas á mobilidade de mercadorías e factores, está a facilitar as interaccións a escala planetaria e a adopción tecnolóxica por parte dos países en desenvolvemento. Entramos nunha nova etapa globalizadora que pode desembocar nunha rápida converxencia en renda per cápita da maioría dos países. Tal vez o mapa xeo-económico mude moito mais e moito mais rápido do que pensamos.

A revolución tecnolóxica e o futuro das nacións (I)

O progreso tecnolóxico está a provocar que cada vez mais o coñecemento, as ideas, a creatividade, a cualificación,...gañen peso como factores produtivos. O proceso é de indubidábel relevancia para o futuro das nacións. Un país que non atrape a economía do coñecemento será incapaz no medio prazo de conservar a súa prosperidade ou de sumarse ao grupo dos avantaxados pois terase que conformar con especializarse na produción de bens de baixo prezo ( e, por tanto, afacerse a baixos salarios). Temo que algo disto estea xa a pasar nos países dos sur de Europa. Parecen atrapados na abulia se comparados coas rexións mais dinámicas do planeta.

A tecnoloxía e a educación

A revolución das tecnoloxías da información trae consigo mudanzas tecnolóxicas orientadas á cualificación. En artigos precedentes analicei algunhas das súas consecuencias e os novos retos que suscitan en termos de políticas redistributivas. Quero agora desenvolver algunhas reflexións sobre as implicacións deste proceso para a educación.
Fernando del Río (Ordes, 1968) Licenciado en Economía e Máster en Comercio Exterior pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Economía pola Universidade Carlos III de Madrid. Actualmente é Profesor Titular de Universidade na Universidade de Santiago de Compostela. Previamente foi axudante na Universidade Carlos III de Madrid, profesor visitante na Universidade de Vigo e investigador do CEPREMAP (París). As súas áreas de investigación de interese son a Macroeconomía Dinámica e o Crecemento Económico. Ten artigos de investigación publicados en prestixiosas revistas académicas internacionais tais como o Journal of Economic Theory, Journal of Development Economics ou Oxford Economic Papers. Membro da Executiva Nacional de Converxencia 21 e Presidente da Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (GALIDEM).