O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, valorou este luns o "ton construtivo" do presidente da Xunta no seu tradicional discurso de Fin de Ano, así como a súa "sensibilidade" cara a aqueles galegos que "aínda sofren as dificultades da crise" económica que Galicia ten "superada".
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, cualificou este luns o discurso de Fin de Ano do presidente da Xunta como "sorprendente por decepcionante" e asegurou que pon de manifesto que Alberto Núñez Feijóo "vive na súa burbulla, á marxe da realidade e dos problemas dos galegos".
A finalista de "Operación Triunfo" Sabela Ramil será aencargada de dar a saída da IX San Silvestre Coruña, que arrincará este luns na cidade, ás 17,00 horas.
A sección sindical da CIG no complexo de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, na provincia da Coruña, convocou unha reunión extraordinaria do Comité para este luns, ante a situación "preocupante" de paralización da actividade dos fornos e para establecer unha rolda de contactos institucionais nos que se analice o futuro do complexo industrial da Costa da Morte.
Unha persoa tivo que ser evacuada en helicóptero despois de caerse dun cabalo na localidade coruñesa de Abegondo, ao redor das 13,20 horas deste domingo.
Un home de orixe dominicana, de 44 anos de idade, foi atopado morto na madrugada deste sábado, na localidade de Betanzos (A Coruña), con feridas punzantes no corpo.
O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial por Nadal.
O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, exercerá de novo como delegado rexio na cerimonia de Ofrenda de Translación dos restos do Apóstolo, designado polo rei Felipe VI, un acto que se celebrará, como é tradicional, este domingo, día 30 de decembro.
O Salón Teatro de Santiago acolle esta fin de semana actuacións e talleres dirixidos aos máis pequenos, que organiza o Centro Dramático Galego (CDG) no marco dunha programación especial polo Nadal.
En Marea contará a partir deste sábado 29 de decembro cun novo equipo de dirección. O Consello das Mareas será constituído após as polémicas primarias que outorgan 21 dos 35 asentos do máximo órgano de dirección do partido instrumental á lista liderada por Luís Villares, que tamén se fixo cos cinco postos da Comisión de Garantías.
Tres persoas, unha delas un bebé, tiveron que ser trasladadas ao hospital na madrugada deste venres tras sufrir un accidente de tráfico na A-55 ao seu paso por Mos (Pontevedra).
Unha muller resultou ferida a última hora deste xoves nun accidente de tráfico rexistrado á altura da rotonda de San Simón, no municipio pontevedrés de Caldas de Reis.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou o "ton conciliador" do discurso do Nadal do Rei Felipe VI, que busca "puntos de encontro" na sociedade e na política española e "evita calquera motivo que poida xerar tensión ou exclusión".
Un estudo sobre viñedo ecolóxico realizado na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Evega) e liderado por David Castrillo Cachón, recibiu o accésit dos XX Premios Nacionais en Investigación e Defensa da Produción Ecolóxica 'Andrés Núñez de Prado'.
O condutor dun turismo resultou ferido de gravidade nun accidente ocorrido en Ortigueira (A Coruña) ás 20,30 horas deste sábado, ao saír despedido do vehículo que manexaba, polo corredor de Espasante a Cuíña.
Bimba e Lola pecha este ano superando a barreira dos 100 puntos de venda fóra de España coa apertura da súa primeira tenda en Milán, localizada en Via Manzoni, segundo informou este xoves a compañía de moda.
Os sectores nos que o gasto medio foi máis elevado son alimentación, viaxes e formación, segundo un estudo do Observatorio Cetelem e-commerce 2018