Canto máis aumenta a participación, máis vira a tendencia do voto cara a esquerda. Os datos das eleccións galegas contrastan, e moito, coa participación nos comicios do Estado, onde a participación é máis de 10 puntos superior a media dos procesos electorais galegos.
  comenta   1
Hai un aumento do voto con respecto ás xerais do 23X. O resultado das galegas podería non coñecerse ata unha semana despois se depende da emigración. O escrutinio de sufraxios da emigración, que pode votar en urna ata este xoves, empezará o 26 de febreiro.
  comenta   0
Os partidos non se fían do resultado dos inquéritos. Só unha, a do CIS, apunta a unha perda da maioría absoluta do PPdeG pero, curiosamente, foi tamén a do CIS anterior aos comicios do 23X á que máis se aproximou ao que logo aconteceu no Congreso.
  comenta   0
O secretario xeral de Vox, Ignacio Garriga, recalcou que os votos á súa formación son "útiles" para afastar a posibilidade de que a esquerda goberne a comunidade autónoma.
  comenta   0
Vox contestou este mércores á proposta do líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, de que os de Santiago Abascal non concorran ás eleccións de Galicia sinalando que teñen "a obrigación" de facelo para "dar voz" aos cidadáns que non senten representados polos 'populares', á vez que lle afeou a falta de propostas para a comunidade autónoma.
  comenta   0
Sumar Galicia incluíu nas súas candidaturas para as eleccións do 18 de febreiro ás súas 'fichaxes' do PSOE e Podemos Galicia, o ex socialista Juan Díaz Villoslada e Gloria Alonso (que foi secretaria de Organización), mentres que o histórico sindicalista Suso Díaz, pai da vicepresidenta segunda e líder de Sumar, Yolanda Díaz, pechará co número 25 a provincia da Coruña.
  comenta   0