Foron apostas persoais de Feijóo que colleitaron sonoros fracasos. Hoxe ocupan importantes postos na administración pública por designación directa do Partido Popular.
  comenta   1
Acusa de "demagoxia" o debate que se abriu ao redor desta suba salarial. Rexeita establecer "cordóns sanitarios" á hora de chegar a acordos para construír un "proxecto de cidade"
  comenta   2
O rexedor da Coruña está fondamente doído cos “poderes fácticos e mediaticos” da Coruña. Asegura que hai xornais que “queren que a xente vote por determinadas opcións políticas” e que, por iso, tentan influír directamente na campaña a través de informacións maliciosas. “Que te saquen cos seus fillos pequenos pois aí xa traspasan moitas barreiras e iso xa non pode ser”, asegura en alusión a La Voz de Galicia. Con todo, tamén recoñece erros na xestión da cidade e pide o voto para poder rematar o proxecto iniciado hai catro anos. Ten moi bo concepto da nova líder do PSOE, Inés Rey, “que foi unha estudante aplicada”, pero apunta que o PSOE e o BNG, se poden, “teñen preferencia entre eles” por pactar e repartirse institucións, como concellos e deputacións.
  comenta   13
É a candidata do PSOE á Alcaldía da Coruña e a máis nova con posibilidades de dirixir unha gran cidade galega. Asegura que as feridas xa están fechadas no PSOE coruñés pero lamenta a saída do partido de históricos como Paco Vázquez. “Outros como Pepe Blanco aí seguen traballando sen cargos”, di. Critica a certas figuras da candidatura de Xulio Ferreiro porque “non se lle pode chamar orcos aos veciños” e tamén acusa ao alcalde de “vitimismo”. O seu obxectivo é volver situar a Coruña como referente en Galicia e iso implica “sentar e falar cada mes con Feijóo” a quen critica o seu control dos medios de comunicación.
  comenta   0
Jorge Suárez, alcalde e candidato á reeleción en Ferrol, considera necesario cambiar o modelo de financiamento da sanidade. Xulio Ferreiro, candidato á reelección na Coruña, engade que a sanidade non debe depender da vontade dunha persoa. Pola súa parte, Beatriz Mato, candidata do PP na Coruña, "oxalá houbese máis Amancio Ortega".
  comenta   3
Beatriz Mato aposta por impulsar esta área, "que foi unha zona de tráfico de drogas", e darlle unha segunda vida con campos de fútbol e rugby, entre outros.
  comenta   0
A presidenta local do PP coruñés e candidata á Alcaldía, fixo estas declaracións no cuarto Encontros de Cidade.
  comenta   0
Beatriz Mato define esta maneira de achegarse á xente como "un instrumento máis co que percorrer os barrios nos vindeiros meses".
  comenta   0
Os populares reclaman unha "actitude máis proactiva" ao Goberno central para garantir a continuidade da factoría.
  comenta   0
Xulio Ferreiro cuestiona que o Parlamento de Galicia "sexa o máis adecuado" para que Beatriz Mato faga "precampaña" electoral.
  comenta   0
Puy destaca que Mato e Rey Varela "enriquecerán" o Grupo Parlamentario Popular tras deixar a Xunta. Cre que o Debate sobre o Estado da Autonomía permitirá mostrar que a "visión" que dá de Galicia a oposición é "totalmente errada"
  comenta   0
Alfonso Rueda, Rosa Quintana e Francisco Conde compaxinan Parlamento de Galicia e Xunta, José González, novo conselleiro de Medio Rural, aínda non decidiu se deixa o grupo parlamentario para atender só á Consellería.
  comenta   0
Pide executar a obra "por vía de urxencia" e rexeita pedir a declaración de interese xeral. O goberno de Vigo rexeita a comparecencia de Abel Caballero en Pleno para falar do accidente.
  comenta   0
O goberno de Vigo atribúelle á conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, o atraso no transvasamento do Verdugo. O PP reclama un proxecto integral de mellora do abastecemento e que sexa declarado "de interese xeral"
  comenta   0
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio anunciou o arquivo do procedemento de tramitación ambiental sobre o proxecto da planta de residuos que a empresa Toysal pretendía construír na antiga mina de Casalonga, situada no municipio coruñés de Teo.
  comenta   0
A Xunta lanza unha campaña de concienciación dirixida aos nenos sobre a importancia deste tipo de reciclaxe, que aumentou un 50% desde 2009.
  comenta   0
O conselleiro de Educación ve que o Ministerio vai "por detrás" no debate dos móbiles nos centros: "Poden ser unha ferramenta pedagóxica", di ao amosarse contrario a súa prohibición. Sobre a polémica dos master e das teses doutorais asegura que el xa fixo a súa hai 25 anos.
  comenta   0
Di que non haberá remodelación do seu Goberno ata que o seu partido nomee candidatos . Esgrime que "non hai ningún conselleiro que fora nomeado oficialmente" candidato a pesar de que dous deles xa anunciaron que ían selo.
  comenta   0
"É normal que unha persona que ocupa un posto de responsabilidade política faga política, o que é importante é que faga política boa", responde o PPdeG
  comenta   0
A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, anunciou unha nova lei de residuos que incluirá un código de boas prácticas para a hostalaría.
  comenta   0
O presidente provincial do PP na Coruña chega a un acordo con Escribano e afiliados que denunciaron "irregularidades" e ameazaron con impugnar o pasado congreso. O pacto tamén favorece a Beatriz Mato que quere ter o partido apaciguado para tentar asaltar a alcaldía da Coruña.
  comenta   5
Medio Ambiente deixou sen executar o 62,8% dos orzamentos deste departamento. A oposición di que isto puido influír nos incendios de outubro e pídelle a posta en marcha inmediata da recuperación dos espazos protexidos queimados este outubro.
  comenta   1
Ex conselleiros como Agustín Hernández, Jesús Vázquez e Elena Muñoz e conselleiros actuais como Beatriz Mato ou José Manuel Rey Varela soan como candidatos para as municipais.
  comenta   7
A Asociación alumnos y exalumnos do Centro San Pablo (AEXPA) leva anos acumulando sancións administrativas e xuízos. Malia isto, a Policía cifra en máis de medio millón as axudas que AEXPA puido defraudar da Xunta, Deputación, Concello e Unión Europea. Trátase da academia de Ourense presunto centro dunha trama pola que está imputada unha funcionaria e o xefe de persoal da Deputación, tamén . En declaracións a GC, a Xunta di que está a colaborar coa Xustiza.
  comenta   2
“Cando saímos hai que ir á goleada...Ata humillando un pouquiño”, asegurou Mato. Javier Escribano pídelle que rectifique estas manifestacións “antidemocráticas”.
  comenta   0
A Xunta inicia a creación do primeiro observatorio dos ríos e dotará a cada conca dun plan de conservación e usos. Renova o seu compromiso co Proxecto Ríos e achegará 50.000 euros a Adega para a formación de voluntarios.
  comenta   2