A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), en colaboración coa Deputación da Coruña, celebra o ciclo 'Velando pola nosa relación co mar. Os mares dannos vida', que remata este xoves en Santiago.
  comenta   0
"Hai moita diferenza disto a traballar nunha fábrica e ser esclavo, no meu caso tendo que desprazarme ademais, sumándolle ás oito horas de traballo unha hora máis entre ir e volver, facendo fins de semana e sen tempo para vivir porque sempre estás cansado", conta este mozo vilagarcián ao Galicia Confidencial. "Este traballo agora proporcióname unha calidade de vida moi boa", celebra.
  comenta   0
Galicia Confidencial fala con María Porto, presidenta da agrupación de Mariscadoras de Carril, que conta como está a situación na actualidade, nun 2025 no que de 11 días que tiñan fixados no almanaque para saír mariscar, só puideron facelo cinco polo de agora, debido á baixa salinidade da auga.
  comenta   0
A Consellería do Mar destacou "a mellora do stock" da ameixa babosa de talla comercial en Bohío respecto das mesmas datas pero en 2023, e aínda que Os Lombos "non presenta uns resultados óptimos", decidiron incluír a súa apertura para "velar polo equilibrio económico e social" desta actividade pesqueira.
  comenta   0
Liliana Solís, bióloga da Confraría de Pescadores San Bartolomeu de Noia, explica que nestes momentos a situación dos bancos marisqueiros de Noia "non é boa", especialmente no que respecta á ameixa fina.
  comenta   0
Entre as reclamacións dos manifestantes atópase a demanda dun plan de rexeneración e saneamento das rías e un plan de continxencias, que permita ter unha "cobertura fiable fronte a incidencias de longo prazo" como a que están a vivir.
  comenta   0
A Consellería do Mar pide á adxudicataria que solvente os problemas detectados para recibir o visto e prace
María García namorouse deste oficio cando comezou a ir co seu pai ao mar. Quince anos estivo combinando o ser educadora infantil polas tardes con saír a rastrexar pola mañá. A pesares de que a súa profesión segue monopolizada por homes, di que "sempre me axudaron moito en todo o que necesitei e nunca me sentín discriminada". O Galicia Confidencial achégavos a historia desta muller loitadora.
  comenta   0
Rula Domínguez, investigadora da UVigo, revela que "ante a baixada de salinidade a ameixa babosa e o berberecho son as especies máis afectadas, xa con baixadas de salinidade que non superen o 5, cando nas rías mesmo se pode chegar ao 0, á auga doce, cando os encoros desaugan; se iso pasa, péchanse e deixan de filtrar, e nese tempo non están crecendo, gastan enerxía para defenderse, para sintetizar proteínas, teñen cambios na reprodución e vense máis vulnerables aos depredadores".
  comenta   0