Na edición deste ano presentáronse 512 proxectos que foron votados por perto de 5.000 persoas e sete galardóns foron para proxectos de mulleres. En referencia ao sector musical, Músicas ao Vivo reclamou fortalecer a contratación de proxectos galegos na programación cultural do país.
  comenta   0
O vello adaxio de Charles P. Scott :“os comentarios son libres, pero os feitos son os que son”, hoxe por hoxe, está de fuxida.
  comenta   0
Farao con tres concertos nos que participarán sete grupos, tres proxeccións das películas que conforman o ciclo "Blow up... A música no cinema", e a presentación do último libro do xornalista musical Xavier Valiño. Tamén serán os derradeiros días para ver a exposición de fotografías coloreadas "Calle 52-W. Los rostros del jazz 1945-1948" na sala Riquela Club.
  comenta   0
A programación deste ano, que se desenvolverá do 31 de outubro ao 23 de novembro, estará encabezada polas seguintes bandas: Fantastic Negrito, The Sheepdogs, Shannon & The Clams e The Jive Aces.
  comenta   0
Por Santiago pasarán, entre outros, o gañador dos Grammys ao mellor álbum de blues contemporáneo, Fantastic Negrito; os canadenses The Sheepdogs, que abren en Compostela a súa xira europea; e a californiana Shannon & The Clams. O festival celebrarase do 31 de outubro ao 23 de novembro.
  comenta   0