Os rapaces e rapazas do instituto de Félix Muriel decidiron emprender este mércores a comunicación de guerrilla para concienciar sobre a contaminación: montaron un posto no mercado no que venderon lixo modelado con formas artísticas a cambio de tempo, non de cartos. Exactamente a cambio do tempo en que cada tipo de residuo tarda en degradarse. A acollida foi marabillosa.
  comenta   0
Reflexionemos xuntos sobre o estado da cuestión do tabaquismo social, ese que comeza cando o fume do cigarro dun terceiro chega ao meu nariz e contamina o aire que eu respiro. Ou cando as cabichas, que algúns dos que fuman guindan, contaminan praias ou beirarrúas... Un tema, sen dúbida, polémico...
  comenta   0
A contaminación dos plásticos é das máis preocupantes para o medio ambiente, pero tamén chega ata os seres humanos. "Os nanoplásticos están ata na auga da billa, e mesmo na auga embotellada, polo desprendemento do propio plástico co que está feito o envase", detalla o experto a Galicia Confidencial.
  comenta   0
Elsa Astor Álvarez-Ossorio, da asociación We Sustainability, apunta que o que máis lles escandaliza cando van realizar recollidas de residuos ás praias é "a gran cantidade de lixo que atopan de xente que usa o inodoro coma se fose unha papeleira". Toparon de todo, "dende bastonciños para os oídos ata produtos de hixiene íntima e unha cantidade descomunal de toalliñas húmidas".
  comenta   0
Virginia Barros, presidenta da Asociación Mar de Fábula, reflexiona con Galicia Confidencial sobre a gran problemática dos residuos. Os temporais que estes días azotan a costa galega deixan ao descuberto o lixo que hai nos mares e, mesmo aqueles residuos plásticos que a xente bota no contedor amarelo, "a realidade é que case ningún se pode reciclar", porque "están feitos de distintos tipos de plástico que habería que separar".
  comenta   0
O 7 de xaneiro de 2023 saiu unha lei pola que a industria tabaqueira quedaba obrigada a pagar a recollida de cabichas en toda España, tanto nas rúas como nas praias. Que pasou con esa normativa? Estanas limpando? Dende Galicia Confidencial falamos con Dayana del Puerto, da Asociación Noia Limpa, sobre esta problemática.
  comenta   0