O voceiro da Plataforma pola Defensa da Ría de Arousa (PDRA), Xaquín Rubido, lamenta o "pouco peso político que ten Galicia dentro do conxunto do Estado" e a "falta de coordinación entre os distintos gobernos" cando se produce unha catástrofe desta magnitude. Así, aposta por "botar man do Estatuto de Autonomía de Galicia, que di que a competencia sobre o servizo de Salvamento Marítimo debería transferirse na súa totalidade a comunidade e que debería estar unificado".
  comenta   0
O Galicia Confidencial fala con Soledad Méndez, unha voluntaria nas tarefas de limpeza do chapapote que deixou a súa Extremadura natal para mudarse a Galicia e que lembra, apesadumbrada, como "foi a sociedade civil a través das mobilizacións a que empurrou aos políticos a tomar medidas e dar a cara". Asegura que o que está acontecendo a día de hoxe coa xestión da DANA en Valencia é algo que lle lembra moito a aquel mes de novembro de 2002 no que se tratou por todos os medios de minimizar a catástrofe do Prestige.
  comenta   0
As imaxes dos reis e do presidente español ocultos en paraugas e rodeados de policías lembran, e moito, o acontecido en Galicia hai 22 anos cando os mariñeiros denunciaban falta de medios ante a marea negra do Prestige que impactara de cheo nas costas de Galicia. Entón non había ningún elemento da ultradereita nas protestas espontáneas. Eran profesionais do sector bateeiro impotentes ante a gran marea negra.
  comenta   1
Sara Rey, coordinadora da asociación A Mariña sen Plástico, asegura que eles se percataron destas boliñas o sábado pola mañá, pero que xa lles está escribindo xente que as detectara antes. As causas descoñécense.
  comenta   0
Salvamento "non ten un sospeitoso" xa que as imaxes satélites recentes "non alertan" de ningunha detección "nin hai noticia" de ningunha descarga operacional nin accidental.
  comenta   0
Aínda que o máis visual do traballo de Salvamento son os medios técnicos, detrás deles hai unha liña de traballadores que están monitoreando continuamente o que acontece no mar e que son os que evalúan cada situación e mandan os medios correspondentes para facerlle fronte.
  comenta   0
Nos primeiros momentos do accidente do Prestige o Goberno central ordenou "mandar el barco al quinto pino", mentres se criticaba a actuación do capitán do barco e aos países propietarios do mesmo. No caso da crise dos granulados, a reacción das administracións foi semellante e actuaron case un mes despois.
  comenta   0