Nun sector "moi feminizado" e con "moita dureza", reclaman melloras relativas á redución de xornadas, que o tempo de bocadillo sexa computado como efectivo de traballo, cuestións referentes a conciliación e o mencionado incremento salarial.
  comenta   0
Sobre os orzamentos da Xunta para 2023, subliña que "teñen que darlle prioridade ao emprego, industria, reforzar os servizos públicos e apoio ás familias".
  comenta   0
Piden á Administración autonómica que "inste as empresas concesionarias" a que apliquen "de inmediato" a subida do 6,5 por cento, correspondente ao IPC de 2021, e "negocien un convenio que supón unha mellora real das condicións destas profesionais".
  comenta   0
O persoal de Urbaser reiniciou nos últimos días un calendario de reivindicacións, cunha manifestación o pasado xoves, para reclamar o desbloqueo da negociación do novo convenio colectivo, entre outros "incumprimentos" en materia salarial, tal e como denuncia o comité de empresa.
  comenta   0
O comité denunciou que a empresa "incumpriu dous acordos asinados cos representantes dos traballadores" polo que o comité "non ve máis alternativa" que a folga, "coincidindo ademais coa festividade de Santiago, nos días nos que hai maior afluencia de público e de autoridades políticas".
  comenta   0
Outro punto de desacordo por parte da CIG co novo texto é a precarización dos distintos tipos de contrato, empezando pola implantación do contrato indefinido adscrito a óbraa froito da última reforma laboral de PSOE e Unidas Podemos.
  comenta   0
A falta de persoal na hostalaría volve poñer no foco a precariedade laboral do sector, que lle impide atraer e reter o talento: "A ausencia de oportunidades e as condicións laborais impulsáronme a marchar", recoñece unha traballadora do sector dende Alemaña.
  comenta   0
Para a xornada de mañá mércores, están convocadas mobilizacións en Carballo, cunha manifestación ás 11,30 horas desde a rotonda do polígono de Bértoa; en Padrón, con outra ás 12,30 horas, con saída de Aluminios Cortizo, e un piquete informativo en Ferrol, desde o sete da mañá, cun percorrido polo polígono de Río do Pozo.
  comenta   0
O persoal do sector está a protagonizar unha "gran escapada" cara a outros sectores ou a emigración, denuncian nunha concentración na xornada previa a que se reúna a mesa na que se está negociando o convenio.
  comenta   0
Esta prestación, en mans de empresas privadas na maior parte dos concellos, agocha unha realidade precaria para as máis de 8.000 profesionais sociosanitarias que denuncian sufrir unha situación laboral "inhumana". Galicia ten o peor gasto en atención á dependencia de todo o Estado.
  comenta   0
A folga e as mobilizacións convocáronse tras dous anos de negociacións sen "avances" e despois de que a patronal, na última reunión, presentará unha proposta económica, que os sindicatos rexeitan.
  comenta   0
En canto a unha das medidas máis destacadas do preacordo, a creación dun plan de pensións, a CIG asegura que a súa posta en marcha repercutirá negativamente nas nóminas e, por tanto, suporá a perda de poder adquisitivo para os traballadores da construción.
  comenta   0
O colectivo de teleoperadores acusa á súa patronal de non querer adaptarse ao novo marco legal. As probas están, segundo os sindicatos, en que durante todas as reunións os patronos non aceptan ningunha das propostas dos traballadores. Así están desde 2019, ano en que caducou o último convenio e que xa foi sobrepasado polas dúas subas do SMI.
  comenta   0
O traballo de corta no monte é un dos oficios máis perigosos e arriscados, onde os salarios tiveron que adaptarse ás novas subas do SMI e con todo, non compensan os perigos de tallar no monte. Isto fai que apenas haxa traballadores galegos e estes sexan substituídos por romaneses e latinoamericanos motivados por uns salarios máis elevados que os dos seus países de orixe.
  comenta   0
Piden que a Fundación reclasifique os traballadores nas categorías que lles corresponden antes de que finalice o prazo legal para a correcta asignación das categorías profesionais.
  comenta   0
O novo convenio incorpora novas medidas sociais e de conciliación que contribuirán a fomentar o benestar persoal e laboral dos profesionais do sector e que mellorará a estabilidade laboral nas zonas rurais e á fixación de poboación.
  comenta   0
Tamén está considerada como falta grave a "embriaguez ou toxicomanía fóra do traballo vestindo o uniforme da empresa".
  comenta   0
Finsa leva sen renovar o convenio laboral desde 2009 segundo fontes sindicais. Actualmente empresa e traballadores negocian acordos económicos bianuais. A isto súmanlle o feito de teren o salario conxelado desde 2019, a pesar de iniciar negociacións en 2021 sobre este asunto.
  comenta   0
Segundo as fontes sindicais, a día de hoxe e despois dun ano negociando, "o que Finsa ofrece é outro acordo parcial máis con obxecto de seguir dilatando eternamente esta situación para non actualizar o convenio nunca".
  comenta   1
Traballadores e traballadoras da conserva están pendentes da sinatura dun convenio laboral que, polo de agora, ten na CIG e UGT os seus defensores e en CCOO unha fronte crítica co documento. As diferenzas están nunha cuarta quenda de traballo, horarios de conciliación e contratacións de novo persoal e se será posible acabar coas diferenzas salariais entre homes e mulleres dentro do sector.
  comenta   1
É o mellor preacordo porque se mantén o poder adquisitivo das traballadoras, foméntase a creación de emprego, favorécese a conciliación e ponse fin á brecha salarial entre homes e mulleres", reivindicou a sindicalista Rosa Abuín.
  comenta   0
Pactan melloras na retribución da nocturnidade, incrementar o prezo de todos os festivos traballados, redúcese a xornada anual en oito horas e chegouse tamén ao acordo de subir o abono dos festivos especiais (24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro) ata os 120 euros, que terán cada ano o incremento correspondente ao convenio.
  comenta   0
CIG-Industria, que convoca a manifestación, anuncia concentracións o domingo 30 de xaneiro contra a nova reforma laboral.
  comenta   0
O cadro de persoal dos centros que xestiona a Funcación Camiña Social na Coruña piden unha suba dos salarios que levan sete anos conxelados. Sumado a isto está a negativa do persoal a entrar no convenio marco estatal, como aseguran lles propón a Fundación. Ademais, as forzas sindicais falan dun superávit de case seis millóns de euros e non entenden por que non se invisten en melloras e subas salariais.
  comenta   0
Deste xeito, acordouse que a primeira mobilización "en demanda dun convenio digno" realizarase o sábado 15 de xaneiro na Coruña "e a partir de aí decidiranse as accións a desenvolver nos próximos meses".
  comenta   0
Segundo sinala nun comunicado, a empresa rompeu as negociacións de maneira unilateral. Demanda á Xunta "que deixe de ser cómplice destes ataques".
  comenta   0
O acoso tanto laboral como sexual ás mulleres no centro de traballo segue sendo tema tabú para o empresariado e para as traballadoras. Uns porque temen polo nome da empresa e pola conflitividade que trae, as outras porque, segundo as forzas sindicais, tanto a precarización laboral como as relacións de poder na empresa son freos que impiden a denuncia de feitos coma estes.
  comenta   0
O persoal de residencias leva dous anos sen convenio renovado. Desde este colectivo denuncian que algunhas categorías profesionais estarían cobrando por debaixo do SMI, segundo as táboas salariais do sector. Non obstante, o temor dos e das representantes das traballadoras é a falta de vontade para dialogar desde a patronal. A iso súmanlle a actitude da Xunta de Galicia que logo do acontecido en plena pandemia, só realizou cambios estruturais “para disimular” na consellería de Política Social.
  comenta   0
A limpeza industrial é a necesaria para o funcionamento de todo tipo de fábricas e grandes empresas. Non está recoñecida nos convenios laborais como tal a pesar do uso de maquinaria especializada, produtos químicos abrasivos e unhas condicións de seguridade para traballadores e traballadoras carentes de medidas axeitadas para os labores neste campo.
  comenta   0
A Asociación de Traballadores de Residencias de Galicia, TREGA, convocan para o día 8 de novembro unha concentración denunciando a falta de convenio no sector.
  comenta   0
"Diante desta nova agresión da empresa ao dereito á negociación colectiva", o comité previu solicitar unha mediación "para tentar desbloquear a situación e poder iniciar unha negociación real do convenio propio que salvagarde os dereitos do conxunto do persoal".
  comenta   0
As traballadoras e traballadores da limpeza de edificios son un cadro de persoal invisibilizado para a sociedade. Xusto o 20 de novembro é o Día do Agradecemento ao Persoal de Limpeza, un sector que ademais conta cunha das taxas de feminización máis altas dentro do mundo laboral. A isto súmaselle que a maior especialización dentro da limpeza, son os homes os que ocupan a maioría deses postos especializados
  comenta   0
O sector da madeira, sobre todo o de corta no monte, é un dos máis descoñecidos en canto quen, onde e como traballan. Por unha parte os sindicatos din que se trata dun sector difícil de seguir debido á mobilidade dos grupos de traballo. A isto engádese a confusión legal; son traballos agrarios?, son traballos forestais?
  comenta   0
Coincidindo co paro, un grupo de traballadores aproveitou para levar a cabo unha concentración diante das instalacións de Salvadas.
  comenta   5
Os últimos datos sobre sinistralidade laboral en Galicia falaban de case 50.000 accidentes durante a xornada de traballo, a maioría na construción. Os sindicatos coinciden en que falta formación no sector como un dos elementos clave para evitar a accidentalidade. Detrás da escasa formación e do tamén do baixo relevo xeracional, pode estar a contratación de persoal transfronteirizo ou as horas extraordinarias non contabilizadas.
  comenta   0
Na última reunión da mesa de negociación, este martes en Madrid, segundo informa, acordouse que as próximas citas negociadoras serán en Vigo os próximos 19 e 20 de outubro.
  comenta   0
O secretario xeral do sindicato provincial da Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo de UGT, Juan Manuel Carreira, expresou a súa "satisfacción polo alto nivel de participación nestas votacións, as cales se celebraron con todas as garantías".
  comenta   0
A Confederación de Empresarios da Coruña (CEC) ofrecera unha "suba salarial do 0,5% para 2020 e do 1% para 2021 e sen garantía de negociar outras melloras sociais e laborais" din desde o sindicato.
  comenta   0
"Foron moitos días de loita para conseguir o convenio e agora desmantélano da forma máis covarde", denunciou o secretario xeral da formación Paulo Carril.
  comenta   0