É o prato referente do verán en todo o litoral galego mais detrás del hai unha serie de políticas destinadas, en principio, á súa conservación. Os prezos pagados en lonxa non son suficientes segundo os armadores, tendo en conta o incremento dos prezos no mercado. Outro tema son as cotas de capturas para evitar a sobrexplotación así como a degradación do litoral que poden influír na conservación dos bancos pesqueiros ou non.
  comenta   0
"En canto á repartición e asignación de cotas, a Federación galega de Confrarías ve como ano a ano son reasignadas sen ter unha consideración para a frota artesanal real", din desde a Federación.
  comenta   0
Tras destacar como exemplo do "malo" da repartición para Galicia que se reduza "un 13%" a cota do rape, os nacionalistas emprazaron á conselleira do Mar a que "se cre" que "sobran" mariñeiros en Galicia debería "empezar" antes polos membros do goberno en San Caetano.
  comenta   0
"Non sabemos se se van a despezar barcos ou se se vai a ir ao paro, porque isto non é viable, é muucho recorte o que fixeron en moitas especies" di presidente das confrarías galegas, José Antonio Pérez Sieira.
  comenta   0
A proposta que Alemaña puxo pola mañá encima da mesa dos ministros foi rexeitada por moitas capitais e entre elas España, que consideraba "insuficientes" as "mornas" melloras que contemplaba para algunhas poboacións
  comenta   0
A directora xeral de Pesca insiste no actual reparto de cotas porque "ten en conta todas as variables arredor da pesca artesanal". Nesta entrevista, Rodríguez Moreda defende os seus argumentos segundo os datos que ten a Consellería, aínda que entende que se poden facer máis polo miúdo.
  comenta   0
Acordaron solicitar ao Ministerio que modifique a resolución que autoriza pescar 10.000 quilos de bocarte aos barcos de máis de 12 homes e 8.000 aos de menos e rebaixar esas cotas a 8.000 e 6.000, respectivamente.
  comenta   0
"Hai algúns que queren repartir cotas de pesca sen criterio, sen argumentos, pondo a uns sobre outros", asegurou a conselleira de Mar, Rosa Quintana.
  comenta   0
Desde o Goberno central marcouse o próximo 10 de abril como o día en que, se convocará ao sector en Madrid para debater esta posibilidade.
  comenta   0