Tanto el como o seu agresor, que está tamén ingresado, contan con vixilancia policial.
  comenta   0
Segundo a resolución do tribunal, os feitos ocorreron entre 2021 e 2022, cando a vítima tiña 12 e 13 anos e o acusado tiña 18 anos de idade. Aproveitando a convivencia, o acusado entraba no cuarto de baño cando estaba a menor e que lle fixo tocamentos "con ánimo libidinoso" nos peitos, glúteos e zona xenital por encima da roupa, chegando a baixarlle os pantalóns nalgunha ocasión.
  comenta   0
Estas eleccións tamén terán a súa campaña electoral, que terá unha duración de 15 días, que comezará ás 00.00 horas do venres 10 de novembro e finalizará o venres 24 de novembro.
  comenta   0
Mantén que a saída de vía foi debido a un 'aquaplanning' e desconfía da custodia das probas, como o autocar e o seu tacógrafo. Aínda que a Garda Civil apunta a un exceso de velocidade como causa do sinistro no que morreron sete persoas, a defensa do condutor négao. Nove meses despois do suceso, a ponte de Vichocuntín comezará a ser reparada por Transportes.
  comenta   0
O acusado, segundo declarou, durmía no sofá e "nunca" ía á habitación da nena, salvo para coller algún dos seus aveños, que estaban nese dormitorio, ou para cambiarse, sempre en ausencia da menor.
Lotarías do Estado non foi transparente coa custodia do boleto premiado na Coruña no 2013 con 4,7 millóns de euros, o que deu lugar a moitas dudas que a Policía Nacional tivo que ir sorteando para poder chegar ao fondo dun asunto que se complicaba a cada momento que pasaba.
  comenta   0
Entre algunhas das medidas está a equiparación dos dereitos entre parellas de feito e matrimonios ou un permiso de 5 días para o coidado dun familiar
  comenta   0
O Bloque Nacionalista Galego esixiulle á Xunta e ao Concello olívico que aclaren as actuacións realizadas tras facerse públicas as novas sospeitas sobre incumprimentos na conservación da fauna.
Arousa considerou "inaceptable" que se atente contra o patrimonio común con total impunidade e solicita á veciños colaboración cidadá para esclarecer os feitos
  comenta   0
A moza aterrou ao mediodía no aeroporto de Santiago e os familiares piden "espazo e intimidade"
Familiares e veciños concentranse en Baiona. O Concello prevé decretar 3 días de loito oficial e as bandeiras xa ondean a media hasta.
A nena deambulou polas rúas de Pontevedra só coa roupa que levaba posta e pediu axuda a unha amiga da súa nai, que a acolleu na súa casa durante tres días.
  comenta   0
O Consello de Ministros aprobouna este martes como un proxecto lexislativo proposto polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, que tamén inclúe un permiso de cinco días ao ano retribuídos por coidado dun familiar ou convivinte e prohibe que os pais impidan o acceso a contidos sobre diversidade familiar a través do coñecido como 'PIN parental' nos centros educativos
  comenta   0
A asociación cultural convoca "a lingua nai do movemento cidadá" para reconstruir algúns dos feitos e efectos do desastre acontecido hai 20 anos.
  comenta   0
As persoas expertas sosteñen que facer testamento "é recomendable a calquera idade" porque achega seguridade xurídica, garante o respecto á vontade e intereses do testador e contribúe a evitar problemas sucesorios.
  comenta   0
Realizaranse actividades que impliquen a eliminación de residuos, o coidado de ríos, a supresión de especies invasoras ou a custodia do territorio.
  comenta   0
Os axentes da Garda CIvil acudiron ao lugar e comprobaron que había tres cánidos en "evidente estado de abandono", así como a existencia dos cadáveres de dous caprinos.
  comenta   0
Ana e Helena, que perderon a tutela das súas crianzas, denuncian o tratamento recibido por parte de Menores da Xunta de Galicia e describen un sistema moi esixente que impide saír dunha situación de vulnerabilidade. Esta é a segunda parte dunha serie de dúas reportaxes sobre as quitas de tutela.
  comenta   0
Diferentes voces alertan de deficiencias no sistema de protección de menores e acusan a Administración de retirar tutelas de forma "inxustificada" ou "cronificar" as problemáticas familiares. A Xunta defende "criterios técnicos" e nega que se declaren situacións de desamparo inexistentes. Esta é a primeira entrega dunha serie de dúas reportaxes nas que falarán persoas expertas e afectadas.
  comenta   1
A semana pasada coincidiron no mesmo día e hora dúas celebracións arredor do coñecemento da memoria do Couto Mixto. Nun, a antropóloga Paula Godinho participou no “Congreso Internacional da Fronteira Hispano-Portuguesa: pessoas, povos e palavras” cun relatorio titulado “Memoria do Couto Misto: fronteira, liminaridade e condiçao cosmopolita”; noutro, Mario García, deputado do PSC, de oríxes arraianas, concretamente de Randín, onde ten “casa aberta con fume”, pedía o recoñecemento oficial do Parlament de Catalunya para o Couto Mixto.
  comenta   0