O 'Bono Peixe' e declarar o Xacobeo 2027 como Evento de Interese, entre os sete acordos unánimes. Tamén a "redefinición do Edixgal" tras un acordo entre PSdeG e PP, rexeitado polo Blolque. O debate de política xeral conclúe con 53 resolucións aprobadas, doce máis que en 2023, ningunha do BNG.
  comenta   0
Duro cara a cara entre Rueda e Pontón cun Besteiro máis conciliador e un Ojea en plan ourensanista. O Debate do Estado do País non deixa gañadores, nin perdedores, quizais, iso si, unha Galicia máis dividida entre dous modelos, o da “Galicia grande e Galicia calidade” de Rueda e a “Galicia da xente” e “das propostas” de BNG e PSdeG.
  comenta   0
Rueda describe unha Galicia puxante fronte a Galicia que "os do non queren levar a ruína". Por iso, defende proxectos como Altri ou a minaría de minerais raros. "Algúns queren vivir na Galicia do século XIX e logo criticar que a xente emigre", dixo. Fronte a iso, unha "Galicia en Grande" do século XXI.
  comenta   0
Esta semana celebrase o segundo Debate sobre o Estado da Autonomía ao que se enfronta, tras revalidar a maioría absoluta en febreiro de 2024. A Xunta di que "máis dun 70% de promesas están cumpridas ou en marcha" neste primeiro ano.
  comenta   0
O texto pactado inclúe unha serie de demandas ao Estado en materia de infraestruturas ferroviarias, como a posta en marcha dos trens Avril dos que depende a chegada da alta velocidade ás cidades galegas.
  comenta   0
Os populares piden aprobar a oferta pública de emprego para a Administración galega no prazo dun mes e cualifican de "ataque a Galicia" o recurso do Goberno á lei galega do litoral.
  comenta   0
O PSdG presentou este martes as súas 40 propostas de resolución para o seu debate e votación no Pleno deste mércores, no marco do Debate do estado da autonomía, que se centran na reactivación económica, servizos públicos e memoria histórica.
  comenta   0
Rueda asume o argumentario do PP sobre os "perigos" de Cataluña nun debate no que Besteiro lle roubou o protagonismo inicial ao anunciar a súa candidatura a liderar o PSdeG. As eleccións galegas, no telón de fondo, cunha Pontón que volve insistir en que o BNG é o protagonista do "cambio imparable" na Xunta.
  comenta   0
Álvarez lamentou que o titular do Goberno galego "non estivo á altura". A Fegamp, en representación dos concellos galegos ausentes no debate, critica que se vaia bonificar "volver ao pasado", cando "as familias tiñan que facerse cargo da atención ás persoas dependentes, no lugar de reforzar un servizo profesional".
  comenta   0
A deputada de Sumar Galicia no Congreso Verónica Martínez Barbeiro incidiu en que a intervención de Rueda mostra que o seu goberno está "sen rumbo político" e "funciona por inercia".
  comenta   0
A oposición coincide en que a lexislatura está "esgotada" e que o presidente da Xunta está xa en "precampaña" nun contexto no que auguran que se poida dar "un fin de ciclo" á etapa do Partido Popular no poder.
  comenta   0
O portavoz do grupo parlamentario socialista, Luís Álvarez, adiantou que se centrarán na defensa dos servizos públicos, o reforzo da actividade económica, o emprego estable e a recuperación da crise demográfica.
  comenta   0