O Consello da Cultura Galega sacou adiante o proxecto 'Aquí medra a lingua', un conxunto de pezas audiovisuais que mostran diferentes programas de dinamización lingüística. Entre os obxectivos está mostrar as distintas realidades que viven mozos e mozas galegofalantes en cada unha das comarcas galegas. Búscase ter unha ferramenta que permita interrelacionar os distintos modelos existentes para crear máis sinerxías.