Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2024 | Actualizada ás 19:38
O ciclo 'Outono das artes' levará en novembro o documental 'Bravú XXX' a 25 municipios da provincia da Coruña, nunha iniciativa promovida pola Deputación coruñesa.
A deputada de Cultura, Natividade González, presentou hoxe o calendario de proxeccións do filme producido por Nós Televisión para conmemorar o 30 aniversario do movemento musical que xurdiu en Galicia a comezos da década do noventa.
Foi nun acto xunto ao condutor e un dos guionistas do documental, Xurxo Souto, e a directora, produtora e tamén guionista Ana Viqueira.
"Estamos a falar dun movemento que marcou historia no mundo da música deste país, do que seguen bebendo moitos dos nosos músicos e músicas de agora", sentenciou a deputada provincial.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.