A primeira vez na historia de Galicia que unha banda de música interpretou o Himno Galego nunha celebración litúrxica foi na igrexa parroquial de Redondela no contexto das festas da Coca. Tal suceso aconteceu na década dos anos oitenta. Para sortear os receos que eu albiscaba no director da banda de música e o párroco, busquei a complicidade do bispo demisionario da diocese de Mondoñedo-Ferrol, monseñor Araúxo, de talante galeguista, a quen convidei para que presidise a misa concelebrada. Ata entón era costume que no momento da consagración, as bandas de música interpretasen o himno español. Tradición que procedía do nacionalcatolicismo do Estado.
  comenta   0
Constituída a comisión parlamentaria que analizará a modificación da letra do himno galego
  comenta   0
O cambio proponse co fin de que se recolla o texto orixinal do poema de Eduardo Pondal, sen os erros que perduraron no tempo.
  comenta   0
Un total de 25 establecementos de hostalaría de Celanova ofrecerán este venres, día 23, o 'Caldo de Gloria', unha receita que Rosalía de Castro describe no poema 'Miña casiña, meu lar', como homenaxe á escritora unha xornada na que se cumpren 187 anos do seu nacemento. Tamén se sumarán locais de Padrón e Ponteceso.
  comenta   0
Levarán a cabo diferentes actos, con distintas actuacións que se pecharán coa interpretación do himno galego completo, coa súa letra restaurada, de acordo co texto creado por Eduardo Pondal para o Certame Musical
  comenta   0
Na exposición de motivos faise referencia a castelanismos e 'hiperenxebrismos' como rouco/rouco ou iñorantes.
  comenta   0
Esta comisión rexístrase despois de quedar rexeitada a proposición de lei de iniciativa lexislativa popular que impulsaba a corrección da letra do Himno para restaurar a versión do poema que escribiu Eduardo Pondal.
  comenta   4
A gala de entrega de premios tivo lugar o pasado mércores 7 de xuño no Pazo de Congresos de Pontevedra e estivo moi ben presentada polos actores Isabel Risco e Fran Rei. Quince foron as categorías artísticas premiadas, Sergio de Miguel foi recoñecido como o mellor artista emerxente e Luz Casal recolleu o 'Premio Honorífico'.
  comenta   0
A iniciativa, cuxos promotores consideran agora fortemente avalada para que sexa o Parlamento o que a asuma, foi rexistrada en novembro de 2022 e recibiu luz verde antes de final de ano para a súa tramitación.
  comenta   0