Despois do acontecido no Festival de Eurovisión, onde as ameazas prohibindo insinuar textos ou bandeiras polo que pasa en Gaza ou en Ucraina, non me queda outra que criticar un acordo que foi un erro a todas luces. O silencio agochando o que acontece nunha parte do mundo é dun fariseísmo que arrepía. Pois a realidade manca e moito a millóns de seres humanos que asistimos a un exterminio, e en certa medida, con ise silencio facémonos cómplices do que ali acontece.
  comenta   0
Dúbidas sobre manipulación do voto popular, especialmente, nun momento no que o goberno sionista de Netanyahu realiza o que algúns gobernos consideran un xenocidio en Gaza contra o pobo Palestino.
  comenta   0
A gala, celebrada na Coruña, arrincou con polémica pola renuncia dos seus presentadores ante a "negativa expresa a asinar un contrato" por parte da organización. A proposta galega 'Florespiña', de PAMP! e Ana Kiro, 'revivida' grazas á tecnoloxía, quedou terceira.
De entre máis dun centenar de candidaturas de máis de 20 países, segundo explicou, "de diferentes estilos, sonoridades e modos de co-creación entre artistas e algoritmos", o xurado realizou unha preselección de 35 delas. O día 15 deste mes, engadiu, "vanse a revelar o nove cancións finalistas" que se sumarán á candidatura galega "xa directamente clasificada para a final".
A cantante galega, falecida no 2010, lanza artificialmente este tema que fala dunha nova Galicia que loita contra o sometemento, o conformismo e a autocompracencia. Creada polo CiTIUS, competirá contra unha decena de finalistas de todo o mundo na final deste concurso internacional que se celebrará na Coruña o próximo 4 de novembro.
  comenta   0
O grupo musical adianta que o tema para o evento será cantado en galego e buscarán que "represente esa mestura entre tradición e modernidade, entre músicas de raíz e electrónica".
  comenta   0