Está impulsado pola compositora e intérprete musical Úrsula Rial e iniciará as súas presentacións o 13 de abril en Seoane.
A iniciativa partiu da Agrupación industrial da Lousa de Galicia, entidade que premiou aos once concellos que ao seu criterio teñen maior tradición louseira: Ortigueira, A Fonsagrada, Mondoñedo, A Pastoriza, Lourenzá, Samos, Pol, Quiroga, Folgoso do Courel, Vilamartín e Carballeda.
  comenta   0
Os centros de saúde de Seoane e Folgoso do Courel só teran atención médica durante catro horas, pero só nove días dos 31 que ten o mes de outubro.
Por número de incidencias detectadas nos últimos cinco anos serían O Pereiro, na Mezquita; Cures, en Boiro; e O Tameirón, na Gudiña. Por número de hectáreas arrasadas na última década serían Camba, en Laza; A Xironda, en Cualedro; e Mourentán, en Arbo.
  comenta   0
Segundo a Garda Civil, o suceso tivo lugar ao redor das 20.00 horas do domingo na zona de Seceda, onde un vehículo se meteu por unha pista que non puido abandonar. Recibiu o aviso ás 04.22 e iniciou un dispositivo para dar co paradoiro das persoas que viaxaban neste coche, que foron localizadas ás 07.40.
Tras intensos traballos durante a mañá, quedou aberta toda a rede viaria da provincia pola tarde. Continúan a traballar na LU-P-3103, que se afundiu polas intensas choivas.
Os municipios máis afectados son Baleira, Becerreá, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Pedrafita do Cebreiro, Quiroga e Samos.